150 Aniversario das Fillas de Xesús

O día da Inmaculada ten moitas resonancias para nós: por un lado porque a Igrexa celebra a María; por outro, porque foi o día escollido por Deus e a Nai Cándida para a Fundación da Congregación das Fillas de Xesús; e seguro que para cada un de nós está unido a experiencias, vivencias familiares e colexiales… Este curso tivemos un dobre motivo para festexar, pois demos peche ao ano xubilar dos 150 anos da creación da Congregación das Fillas de Xesús, lembrando todo o camiñado ata aquí nas propostas de “12 meses, 12 experiencias”. Invitacións, regalos, acción de grazas e desexos de cambio foron os ingredientes desta xornada e, como final de festa, a chocolatada de ALCOR con música e bailes. Estamos orgullosos de pertencer a esta gran familia!

Leer más

O Manifesto do Peón

O Equipo de Normalización Lingüística, con motivo da celebración do Magosto e do día do Peón, que tivo lugar o día 11 de novembro, preparou un pequeno vídeo coa a axuda dos alumnos de 2ºB da ESO, onde nos falan do Manifesto do día do Peón, para amenizar dita festividade.

Magosto e peón no noso colexio

O 11 de novembro é a festividade de San Martiño, por iso celebramos no noso colexio o Día do Peón, pois como ben di o refrán: “Polo San Martiño, trompos ao camiño”. Así é como os fixeron bailar os rapaces de tódalas etapas no patio do colexio, facendo competicións entre eles. Tamén participaron noutros xogos populares como a ra, a chave, as serpes, as damas, os tres en raia… Pero este ambiente festivo estivo acompañado doutra tradición propia deste tempo: O Magosto, na que todos degustamos as ricas e quentiñas castañas que o señor Serafín, un ano máis, ía repartindo con moito cariño. Foi unha xornada moi celebrada e na que o noso alumnado disfrutou moito, ademais tendo en conta que o ano anterior non se puido festexar.

Leer más

11 de novembro, Día das Librarías

Despois de dez edicións, o 11 de novembro celébrase o Día das Librarías, promovido por CEGAL e a Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte. En Galicia está incluída no Calendario do Libro e a Lectura e conta co apoio da Federación de Librarías de Galicia.

Este é un bo ano para apoiar, unha vez máis, as librarías de proximidade, espazos que van máis alá da venda de libros, transformándose en motores culturais da comunidade. Librarías con profesionais que entenden a literatura como algo non supeditado ás modas. Libreiros e libreiras que consiguen o imposible, que nos axudan a conformar unha colección rigorosa nas nosas bibliotecas. Librarías que son espazos de acubillo para o alumnado e familias, con múltiples actividades compartidas.

Celebración do Samaín

Un ano máis chegou o Samaín e por fin puidemos recuperar esta tradición tan nosa e que tanto nos gusta festexar no colexio. Volveron a encherse os nosos xardíns de cabazas decoradas con tanto amor e esmero polos nosos rapaces e familias, deixando voar a imaxinación e convertindo unha simple cabaza nunha carroza, nun Minion, en Harry Potter ou en monstros terribles aptos para unha película de terror de Alfred Hitchcock.

Leer más

Halloween en Infantil

Os nenos e nenas de E. Infantil estivemos traballando na asignatura de inglés HALLOWEEN. Vimos contos, cantamos cancións, fixemos debuxos terrorificamente divertidos. Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades os nosos traballos. HAPPY HALLOWEEN!!!

Proxecto Samaín en 4º ESO

Dende a materia de Lingua e Literatura Galega, os alumnos de 4º ESO traballaron no proxecto educativo “O Samaín en Galicia”. Na primeira parte do proxecto investigaron sobre as orixes, duración, crenzas, celebracións e tradicións, e por que hoxe en día celebramos o “Halloween”. A segunda consistiu en elaborar unha historia ficticia relacionada co Samaín, todo foi traballado sobre o formato de Instagram, rede coñecida por todos.