CICLOS FORMATIVOS2025-05-21T19:21:22+02:00

A etapa de Ciclos Formativos ten como propósito preparar ao alumnado en competencias técnicas e persoais que o capaciten para afrontar os retos do contorno profesional. Máis aló da formación específica no seu sector, buscamos que os nosos alumnos e alumnas desenvolvan autonomía, creatividade e compromiso, calidades esenciais para o seu crecemento persoal e laboral. A través de metodoloxías activas como a aprendizaxe baseada en proxectos, a realización de actividades de aprendizaxe-servizo e a resolución de casos prácticos, o noso alumnado adquire unha formación integral que combina teoría e práctica. Este enfoque fomenta o pensamento crítico, a innovación e o traballo en equipo, ao tempo que fortalece a súa conexión co contorno empresarial. Todo este esforzo e formación ponse en valor cando os nosos alumnos e alumnas comezan as súas prácticas en empresas. De feito, son moitos os que logran quedar traballando con contrato nas mesmas organizacións, grazas á súa valía profesional, capacidade de aprendizaxe e actitude proactiva. Esta continuidade é un reflexo directo da súa preparación e do impacto positivo que xeran nos contornos onde aplican o aprendido.

Técnico en actividades comerciais (CFGM)

  • MP0156 Inglés profesional (GM)
  • M00001 Módulo optativo
  • MP1226 Márketing na actividade comercial
  • MP1231 Dinamización no punto de venta
  • MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
  • MP1708 Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo
  • MP1229 Xestión de compras
  • MP1232 Procesos de venta
  • MP1233 Aplicacións informáticas para o comercio
  • MP1227 Xestión dun pequeno comercio
  • MP1228 Técnicas de almacén
  • MP1230 Venta técnica
  • MP1234 Servicios de atención comercial
  • MP1235 Comercio electrónico
  • MP1664 Dixitalización aplicada ao sistema produtivo (GM)
  • MP1710 Itinerario persoal para a empregabilidade II
  • MP1713 Proxecto Intermodular (GM)I

Vendedor/ora; vendedor/ora técnico/a; representante comercial; orientador/ora comercial; promotor/ora; televendedor/ora; vendedor/ora a distancia; teleoperador/ora (en “call centers”); axente de información e atención á clientela; caixeiro/a ou repoñedor/ora; operador/ora de “contact centers”; administrador/ora de contidos en liña; comerciante de tenda; xerente de pequeno comercio; técnico/a en xestión de existencias e almacén; xefe/a de almacén; responsable de recepción de mercadorías; responsable de expedición de mercadorías; técnico/a en loxística de almacéns; técnico/a de información e atención á clientela en empresas.

Técnico Superior en Xestión de Vendas e Espazos Comerciais (CFGS)

  • MP0002 Módulo optativo
  • MP0179 Inglés profesional
  • MP0623 Xestión económica e financeira da empresa
  • MP0930 Políticas de marketing
  • MP0931 Marketing dixital
  • MP1010 Investigación comercial
  • MP1708 Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo
  • MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I (IPPE)
  • MP0625 Loxística de almacenamento
  • MP0626 Loxística de aprovisionamento
  • MP0926 Escaparatismo e deseño de espazos comerciais
  • MP0927 Xestión de produtos e promoción no punto de venta
  • MP0928 Organización de equipos de ventas
  • MP0929 Técnicas de venta e negociación
  • MP0932 Proxecto intermodular de xestión de vendas e espazos comerciais
  • MP1665 Dixitalización aplicada ao sistema produtivo (GS)
  • MP1710 Itinerario persoal para a empregabilidade II

Xefe/a de vendas; representante comercial; axente comercial; encargado/a de tenda; encargado/a de sección dun comercio; vendedor/ora técnico/a; coordinador/ora comercial; supervisor/ora de telemárketing; merchandiser; escaparatista comercial; deseñador/ora de espazos comerciais; responsable de promocións no punto de venda; especialista en implantación de espazos comerciais.

Para mais información fai clic aquí ou consulta o noso instagram.

Solicitar información

He leido y acepto el aviso legal y la política de privacidad

NOTICIAS

Ir a Arriba