Formación en ABP para ESO e CF

Os profesores da ESO e CF iniciamos o curso formándonos en ABP (Aprendizaxe Baseada en Proxectos). A especialista María Nimo Piñeiro guiounos neste proceso, e o noso produto final será un programa de TV sobre o Camiño de Santiago, un proxecto interdisciplinar moi ambicioso que tentaremos sacar adiante cos nosos alumnos neste curso 21-22.

Curso Talentos en Acción

O profesorado do Maria Assumpta xa está incorporado de novo coa mesma ilusión de sempre. O profesorado de Primaria comeza o curso coa formación en altas capacidades “Talentos en Acción” cunha autoridade na materia como é Betina Represas.

Libros de texto e material 2021-2022

Listaxes dos libros de texto e material para o vindeiro curso 2021-2022:

4º E. Infantil

5º E. Infantil

6º E. Infantil

1º E. Primaria

2º E. Primaria

3º E. Primaria

4º E. Primaria

5º E. Primaria

6º E. Primaria

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO


AVISO (09/07/2021) :: Vales das axudas para adquisición de libros (1º e 2º EP) e material escolar (Primaria e ESO)

Xa están dispoñibles os vales das axudas para adquisición de libros (só 1º e 2º Primaria) e material escolar (1º a 6º de Primaria, e 1º a 4º ESO do alumnado que non teña materias que recuperar en setembro). Poderanos recoller na portería do centro durante o mes de xullo de 09:00 a 14:00 aquelas familias que fixesen constar na reserva interna que non comprarán os libros ou o material no colexio. Aconsellamos poñerse previamente en contacto co centro para saber se estas axudas lle foron concedidas.

Surcando os mares

Os nenos e nenas de 6º de infantil estivemos “Surcando os Mares”. Aprendemos moitas cousas sobre os animais mariños, profesións do mar, faros, moluscos, corais, esponxas, océanos, aves mariñas… foi unha aventura xenial!!

Matrículas de honra

Este curso escolar 20-21 rematou cunha mención moi especial para 4 alumnas do noso colexio. Polo seu sobresaínte rendemento académico na ESO: Celia Gómez Campos e Nerea Neira Sieira, e en Ciclos Formativos: Aldara Crujeiras Iglesias e María del Carmen Queiro Abeijón, recibiron a súa merecidísima Matrícula de Honra. Felicidades e moitos éxitos no voso futuro.

No Colexio Maria Assumpta CREMOS EN TI.

Graduación dos nenos e nenas de Infantil

Rematamos un curso difícil e complexo pero temos o honor de poder dicir que o conseguimos, que chegamos ao remate acadando o propósito co que comezamos: lograr que todos os rapaces se “graduasen” en Infantil e pasasen a Primaria. E aínda que nos deu moita pena que non puiderades asistir as familias, intentamos todo o colexio que os/as nenos/as tivesen un día diferente como se merece a súa graduación. Como mostra podedes ver as fotos da festa que organizamos para todos eles. Tamén tedes un vídeo cun pequeno resumo do seu percorrido por toda a súa etapa de Infantil. Agora… nenos e nenas, tócavos comezar unha andaina diferente e apaixonante en Primaria. Un bico moi grande das mestras de Infantil.

Leer más

Ruídos dende a Selva

Como verdadeiros exploradores os nenos e nenas de catro anos adentrámonos nunha aventura fascinante “Ruídos dende a Selva” onde aprendemos de todo… situación xeográfica, tribus, animais e vexetación típica da Selva Amazónica.

Unha aventura trepidante!!!