Vivimos nun mundo de cambios acelerados no que é difícil predecir cal será o contexto social e laboral dentro de 10 ou 20 anos. Sabemos que moitos dos nosos alumnos, orientaranse cara profesións que, hoxe en día, sequera existen e empregarán na súa vida cotiá ferramentas que aínda non foron inventadas.
Por iso, para responder a estos retos que nos presenta a educación do S.XXI en Jesuitinas queremos axudar o noso alumnado a desplegar as súas potencialidades e destrezas, e a descubrir en si, cales son as ferramentas que lles permiten aprender, resolver problemas, traballar en equipo, coñecerse a si mesmo, tomar decisións,… crecendo así como persoas autónomas, creativas e comprometidas.
O noso desexo é identificar o potencial de cada alumno e acompañalo no seu proceso persoal, para que poidan desenvolver as súas capacidades ao máximo, tanto a nivel persoal como académico.
OBXECTIVO EDUCATIVO
O novo marco educativo lévanos a tomar conciencia do que significa hoxe en día situar á persoa no centro desde a perspectiva histórica do proxecto educativo dos nosos centros na educación da “enteira persoa”. Nun entorno globalizado, tecnolóxico e marcado pola incerteza, é fundamental contar con persoas solidamente conectadas co sentido das súas vidas e comprometidas co seu coidado e co do seu entorno. Isto implica un crecemento nas relacións cos demais e unha actitude de apertura cara ao mundo que precisa educar persoas “máis humanas ca nunca”.
Este enfoque traballouse desde o obxectivo educativo en tres cursos, buscando “Fomentar na comunidade educativa o coidado da vida para facela medrar en todas as súas dimensións”. Cada un centrouse nunha dimensión específica que veu marcada no lema:
- Curso 23-24: O coidado persoal, co lema Camina con sentido. Este curso centrouse no crecemento interior e na procura do sentido da vida.
- Curso 24-25: O coidado das relacións, co lema Contigo son. Este curso enfocouse en fomentar o crecemento mutuo a través das relacións cos demais.
- Curso 25-26: O coidado de todo o creado, co lema Abertos ao mundo. Para o curso que comeza centrarémonos na apertura ao mundo e no desenvolvemento dunha ética do coidado responsable da creación e da súa diversidade.
O lema para o curso 2025-2026, “Abertos ao mundo”, é o seguinte paso do obxectivo: Agora tócanos conectar co mundo! Tras un camiño de encontro co sentido persoal (Camina con sentido) e de construción na relación cos outros (Contigo son), invítasenos a mirar cara a fóra, cara ao entorno que nos rodea e contemplar o mundo.
DESDE UNHA MIRADA CRENTE
Cando nos achegamos ao noso mundo con mente e corazón abertos, descubrimos a diversidade como manifestación divina e fonte de riqueza, pois Deus creou e bendiciu a cada ser como único: “E viu que era bo”. Vivir “Abertos ao mundo” é recoñecer a presenza de Deus en toda a creación, convidándonos a atopalo máis alá do persoal, na riqueza global e en cada individuo.
Recoñecer a Deus como Creador e a nós como os seus colaboradores implica a responsabilidade de coidar de todos os seres, valorando a dignidade de cada ser humano como irmán. Isto tradúcese nunha mirada compasiva cara ás necesidades globais e nun firme compromiso coa xustiza social.
Como comunidade educativa, orientada á procura do sentido da vida, o noso lema “Abertos ao mundo” impúlsanos a reflexionar sobre como a nosa vocación nos move a servir, coidar e transformar o mundo cos nosos talentos. Este curso bríndanos a oportunidade de profundar na nosa interconexión con todo o creado e de asumir a responsabilidade que isto implica.
O universalismo de Cándida María de Xesús segue inspirándonos. Era unha muller “aberta ao mundo”, para ela non existían fronteiras xeográficas nin sociais para a misión de educar e así transformar o mundo; anhelaba que a súa congregación chegase a cada recuncho, pois o mundo era “pequeno para os seus desexos”. A súa visión concretouse nunha educación para todos, sen distinción, convidándonos hoxe a unha apertura constante onde a diversidade enriquece e a educación constrúe un mundo máis xusto e compasivo
PERSOAS AUTÓNOMAS, CREATIVAS E COMPROMETIDAS

Hai unha pregunta de fondo que nos acompaña á hora de establecer a nosa proposta educativa: Que tipo de persoa queremos educar? Son tres as palabras que nos gustaría que acompañasen ao noso alumnado o rematar a sua etapa escolar en Jesuitinas: autonomía, creatividade e compromiso.
As persoas autónomas, creativas e comprometidas son persoas:
PILARES PEDAGÓXICOS
A sociedade do futuro, á que o noso alumando vai enfrontarse, será – e xa é – moi diferente da que tiñan que dar resposta os sistemas pedagóxicos tradicionais. A sociedade actual precisa profesionais capaces de resolver problemas, de traballar en equipo, con capacidade de comunicación e de analizar datos. O futuro demandará dos nosos alumnos de hoxe, capacidades para empregar ferramentas descoñecidas e inimaxinables hoxe en día.
A escola non pode permanecer indiferente a estes cambios e debe prepararse para formar ao alumnado fronte aos retos do futuro. Deste modo, o noso centro, opta por apostar polas metodoloxías, xa amplamente coñecidas e testadas que nos poidan proporcionar estes resultados.

PLURILINGÜISMO
Queremos que os nosos alumnos adquiran a aprendizaxe de linguas estranxeiras de forma significativa, polo que no 2011 embarcámonos na aventura de ser parte da rede de Centros Plurilingües de Galicia na etapa de Primaria, impartindo o 33% das materias en lingua inglesa. Logo, ampliamos o programa plurilingüe á etapa de Infantil, onde os pequechos introducen a aprendizaxe do inglés de forma natural, a través de actividades cotiás dentro do programa de estimulación temperá e proxectos.
Ademais, formamos parte do programa BEDA (Bilingual English Development and Assessment), iniciativa da colaboración entre Escolas Católicas e a Universidade de Cambridge, o que nos axuda a facilitar aos nosos alumnos a preparación e superación dos exames de inglés de CAMBRIDGE cun gran éxito, tanto na etapa de Primaria como da ESO.
Do mesmo xeito, brindamos a oportunidade aos alumnos a prepararse para os exames de francés DELF na etapa da ESO, obtendo resultados moi satisfactorios tamén.
A finalidade da aprendizaxe de linguas estranxeiras é a comunicación con outras culturas, polo que na etapa da ESO promovemos a inmersión lingüística en países de fala inglesa (Reino Unido ou Irlanda) e o intercambio cun colexio de Francia.
NORMALIZACIÓN
O 15 de xuño de 1983 publícase no Diario Oficial de Galicia a Lei 3/1983, non vén ser outra cousa que a Lei de Normalización Lingüística que, entre outras cousas, posibilita a incorporación do galego ao ensino. Apóiase esta Lei no Estatuto de Autonomía de Galicia que no seu artigo 5 define ao galego como lingua propia do país. Nacen pois neste período en todos os centros escolares os Equipos de Normalización Lingüística que van dar continuidade aos obxectivos marcados pola propia Lei:
- Implantar hábitos lingüísticos en galego nos nosos centros.
- Facilitar o emprego do galego en todos os ámbitos da educación.
- Comprender o galego como unha das múltiples linguas europeas.
Será no ano 2010 cando sae á luz o Decreto 79/2010 para o Plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Neste Decreto e baixo os efectos da globalización, contémplase a lingua como un elemento básico de identidade cultural, é dicir, forma parte do noso rico patrimonio e como tal será obxecto de respecto e protección.
Desenvolvemos as actividades encamiñadas aos fins antes descritos. Unhas veces de maneira individual e outras en colaboración cos outros centros de Galicia. Destacariamos no primeiro grupo aquelas que interconectan a tradición coa riqueza léxica que posúen. Estamos a falar do Magosto, do Samaín ou do Día do Peón. No segundo grupo merecen mención especial o Premio literario Frei Martín Sarmiento e o festival audiovisual Rec-Curta. O día das Letras Galegas, é unha actividade significativa que nos lembra a herdanza que nos deixaron outros ilustres galegos na defensa e uso do noso idioma. Así mesmo, no día de Rosalía de Castro o alumnado está moi implicado na celebración do mesmo, facendo un estudo minucioso da súa vida e obra. Especial mención, ten a elaboración dun novo proxecto multidiciplinar no que os alumnos son os autores dun Xornal “As novas da Peña”, o cal publicase ao longo do curso a través das redes sociais do colexio, para toda a comunidade educativa.
Mais a función do Equipo non se limita só á realización de actividades. É misión fundamental o apoio que presta a comunidade educativa tanto a nivel humano como material, proporcionando as ferramentas necesarias para que non perdamos a chave deste gran tesouro: A NOSA LINGUA.
AULAS ESPECÍFICAS
ACCIÓN EVANXELIZADORA
Como colexio de Xesuitinas, somos un centro de identidade cristiá católica. Queremos cooperar no proceso de crecemento e maduración dos nosos alumnos e alumnas para que poidan chegar a ser membros útiles na sociedade, na Igrexa e na familia, e persoas capaces de servir e amar a todos. O noso desexo é que cada persoa, respectando as crenzas e a traxectoria singular de cada quen, poida facer o seu propio camiño de crecemento na súa dimensión espiritual e de coñecemento de Xesús.
O Equipo de Acción Evanxelizadora asume e promove os valores cristiáns do Evanxeo como estilo de vida. O principal obxectivo é concienciar e contaxiar os valores de Xesús e o carisma da Nai Cándida con alegría e sinxeleza, sempre adaptados ás diferentes realidades dos nosos alumnos.
Para levar a cabo este labor contamos coas seguintes persoas:
- Coral Arufe Salgueiro (Coordinadora xeral e representante de Educación Primaria)
- Dolores Juanatey Heredia (Representante Educación Secundaria)
- Estíbaliz Campelo Izquierdo (Coordinadora de Acción Social)
- Teresa Ces Pérez (Coordinadora de ALCOR e representante de Educación Infanti
Alumnado: O Taller de Oración é unha proposta pastoral, realizada e promovida a nivel provincial, que busca iniciar aos alumnos na experiencia de Deus mediante o coñecemento de si mesmos, o silencio, a contemplación e a oración. A través dun itinerario establecido, realízase unha sesión ao mes que posibilita as condicións axeitadas para dar mostras dunha vida interior e espiritual no amplo sentido da palabra.
Mestres e PAS: Seguindo o estilo da Nai Cándida, mestres e PAS reunímonos buscando un espazo de reflexión e encontro con Xesús para poder compartir e vivir os valores do Evanxeo en auténtica comunidade cristiá.
Coordinan Coral e Dolores Juanatey e colaboran titores de EI e EP.
Segundo o noso Carisma, queremos brindar aos alumnos multitude de oportunidades para atoparse consigo mesmos e poder reflexionar. Pero sobre todo, ofrecerlles situacións para vivir todo isto en comunidade.
Coordina Dolores Juanatey e colaboran os titores.
- Bo día: Tres mañás á semana facemos megafonías nas que tratamos de educar aos alumnos no sentido crítico, adicándolle uns minutos a situarnos ante as diferentes realidades do mundo e a trasladar o Evanxeo ao noso día a día.
- Eucaristías: Queremos educar persoas responsables e participativas, que asuman a súa propia identidade e que a poñan ao servizo da sociedade. Neste camiño, compartimos e celebramos Eucaristías da Comunidade Educativa que nos axudan a vivir os valores de Xesús con alegría e sinxeleza.
- Convivencias: Son espazos de reflexión e crecemento persoal que buscan encamiñar aos alumnos de ESO e CF a un encontro consigo mesmos para que medren como persoas autónomas, comprometidas e creativas.
Os nosos centros buscan unha educación integral, en palabras da nosa Fundadora “educar a enteira persoa”. O principal obxectivo é formar persoas comprometidas coas necesidades dos demais para que sexan membros útiles na sociedade.
Ademais doutras accións levadas a cabo durante os diferentes cursos escolares, colaboramos activamente de modo regular con varias institucións solidarias.
Equipo:
- Estíbaliz (coordinadora)
- Iago
- Teresa
- Loli J.
- Alba
- FASFI: Ao longo do curso colaboramos mediante a Asociación de Axuda Solidaria das Fillas de Xesús con dous ou tres proxectos solidarios de primeira necesidade. Ao longo do curso lévase a cabo un labor de sensibilización e de potenciación do traballo de FASFI no mundo.
- Cáritas: Cada mes colaboramos coa campaña “Un mes, un alimento” onde aportamos unha serie de alimentos de primeira necesidade, facendo unha campaña especial por Nadal.
- Cruz Vermella: En cada curso colaboramos na campaña “Xoguetes para todos” na tempada de Nadal.
- Fundación GLORR: Dúas veces no curso colaboramos na recollida de roupa usada e calzado para menores que se atopan en situacións moi desfavorables.
- Manos Unidas: En cada curso colaboramos nunha carreira solidaria a favor da necesidade que se precise nese momento. Dúas veces no curso lévanse a cabo campañas de sensibilización dos valores evanxélicos: Domund e Infancia Misioneira, en colaboración coa Igrexa local.
- Voluntariado: Dúas veces no curso realízanse visitas ao xeriátrico da zona para animar e acompañar ás persoas que máis o necesitan. Durante todo o curso un grupo de alumnos de distintos niveis colaboran en proxectos de aprendizaxe e servizo.
Alcor é un grupo xuvenil cristián creado polas Fillas de Xesús que facilita aos alumnos un medio para coñecer e madurar a fe en grupo, compartindo experiencias, actividades e compromisos. Desta maneira, a través do tempo libre, complementamos a educación integral que se recibe no Colexio.
Actualmente Alcor ofrece ao alumnado comprendido entre 5º de Primaria e 4º da ESO, a posibilidade de continuar no grupo despois da etapa propiamente escolar.
Equipo:
- Teresa Ces (coordinadora)
- Estíbaliz
- Alba
- Auri
- Iago
NOTICIAS
TITORÍA E ORIENTACIÓN
No Colexio María Assumpta desenvolvemos un plan de Orientación e Acción Titorial coa finalidade de guiar, acompañar e orientar ao noso alumnado cara o seu maior éxito persoal, académico e profesional.
Planificado e aliñado cos valores do centro e da Fundación Educativa Jesuitinas, os seus obxectivos están estreitamente relacionados con cada etapa educativa, garantindo así que se trata dunha ferramenta deseñada para apoiar ao alumnado na súa aprendizaxe en xeral, así como nas dificultades concretas que poidan xurdir ao longo da súa escolaridade.
O Departamento de Orientación conta con seguintes recursos humanos e materiais:
- Jorge Iglesias Pérez: Licenciado en Pedagoxía, Mestre de Educación Especial e Mestre de Audición e Linguaxe. Orientador e Coordinador do Departamento de Orientación.
- Coral Arufe Salgueiro: Licenciada en Psicopedagoxía e Mestra de Educación Primaria. Mestra de Pedagoxía Terapéutica (enlace con Acción Evanxelizadora).
- Rosa Quiroga Marí: Licenciada en Psicoloxía (Evolutiva e Infantil) e Mestra de Audición e Linguaxe. Mestra de Educación Especial.
- María Mercedes Ons Insua: Licenciada en Psicoloxía (Evolutiva e Infantil) e Mestra de Audición e Linguaxe. Mestra de Audición e Linguaxe.
- Iria Rodríguez Iglesias: Grao en Pedagoxía e Grao en Mestre de Educación Primaria. Persoal complementario de Educación Especial.
No Departamento de Orientación, e nas diferentes Aulas de Apoios do Colexio, contamos cunha ampla batería de Tests, Escalas e Probas para avaliar as posibles necesidades do noso alumnado, así como manuais, cadernos, fichas de reforzo e outros materiais educativos que serven de apoio á nosa labor asesora e educativa.
O plan de Orientación e Acción Titorial busca ter impacto a tres niveis. O conxunto de actuacións e intervencións do Servizo de Orientación, organízanse a partir de tres Plans fundamentais que resumen o noso labor educativo:

ENLACES WEB PARA AS FAMILIAS:
:: Información xeral da Xunta de Galicia sobre educación para familias e alumnado
:: Información oficial e actualizada sobre todo o relacionado coa Formación Profesional en Galicia
:: Información oficial e actualizada sobre todo o relacionado coa Universidade en Galicia
:: 4 enlaces da páxina EDUCAWEB, nos que podes atopar un “Test de Intereses Profesionales” para facer online, interesante para alumnado de 4º de ESO, con información sobre a relación entre estudos e profesións e enlaces directos para facer consultas sobre calquera Grao Universitario:
- No principio da web, aparece un cadro no que podes poñer, por exemplo, “Carreras Universitarias / A Coruña”, e aparecen todos os Graos Universitarios que se dan nesa cidade, e o máis importante, un enlace para que fagas unha consulta directa á facultade na que se imparte ese Grao, sobre a matrícula, admisión, custos, etc.
- “Test de intereses profesionales”. Podes facer un test online (15-20 minutos para facelo). Ademais de dar un resultado cos teus intereses, podes descargar un informe bastante completo e logo acceder directamente aos estudos máis afíns.
- Dicionario de profesións. Moitas veces sabemos o tipo de estudos que queremos facer, pero non sabemos relacionalos coas profesións que temos na nosa sociedade, ou viceversa. Neste enlace tes un dicionario de profesións relacionado cos estudos que terás que facer para chegar a elas.
- Dicionario de estudos. Relación de Ciclos Formativos, Graos, Masters e outros estudos, ordenados alfabéticamente.









