Noticias en general que aparecerán en la home

Día Mundial do Teatro

No teatro, cada un de nós pode ser un personaxe fantástico, un villano, meiga… É un espazo onde a imaxinaxión non ten límites e onde aprendemos a camiñar nos zapatos doutros, comprendendo as súas ledicias e tristezas. O día 27 de marzo conmemoramos o Día Mundial do Teatro, celebramos a creatividade, a expresión e [...]

2024-04-14T10:34:08+02:0014/04/2024|

5º de infantil na China

O proxecto sobre China foi unha experiencia educativa emocionante e enriquecedora para os nenos e nenas de 4 anos. A través da exploración activa comprenderon e apreciaron a cultura, historia e tradicións da China. Coñeceron arquitectura como as pagodas, a Gran Muralla, Guerreiros de Xián,  degustaron e elaboraron pratos típicos de China (arroz frito, [...]

2024-03-26T12:42:34+01:0026/03/2024|

Día da poesía

O 21 de Marzo celebramos o Día da Poesía, estivemos realizando diferentes actividades cos nosos pequenos poetas, quixémonos acordar de Rosalía de Castro, unha gran referente para a nosa cultura galega.

2024-03-22T07:58:06+01:0022/03/2024|

Semana da prensa

Durante a semana do 4 ao 10 de marzo estivemos traballando coa prensa escrita e realizando diferentes actividades a partir de noticias de actualidade. A experiencia axúdanos a valorar outras fontes de información e comunicación que non sexan únicamente dixitais.

2024-03-21T18:13:43+01:0021/03/2024|

Información Proxectos Solidarios 23-24

Como cada ano colaboramos con FASFI, a Fundación de Axuda Solidaria das Fillas de Xesús. A través de dous proxectos, un nacional e outro internacional, buscamos a maneira de axudar a diversos colectivos con grandes necesidades. Como o facemos? Pois coa axuda de toda a Comunidade Educativa. Este ano xa estamos mans á obra coas [...]

2024-03-19T08:59:03+01:0019/03/2024|

Premio á Innovación Pastoral Educativa 2024

Durante as xornadas de Pastoral celebradas o pasado sábado, recibimos o 3º premio do certame de Innovación Pastoral que cada ano organiza Escolas Católicas de Galicia. Cada ano, o noso colexio participa destas xornadas, onde se abordan temas de actualidade pastoral relacionados coa educación. Nesta ocasión, tocounos ser un dos colexios premiados polo noso [...]

2024-02-07T22:39:43+01:0007/02/2024|

Celebración de entrega de diplomas de Cambridge e DELF

O mércores 24 de xaneiro celebramos no noso colexio a entrega de diplomas dos exames de inglés e francés realizados o pasado mes de xuño. A importancia dos idiomas é ben recoñecida, e no noso centro non dubidamos en preparar ao alumnado dende idades temperás para que dominen este campo. Este ano continuamos coa [...]

2024-02-07T22:31:23+01:0007/02/2024|
Ir a Arriba