Información sobre o noso Centro

:: O noso modo propio de educar

O Centro ten como obxectivo global a FORMACIÓN INTEGRAL da persoa (en todas as súas dimensións e capacidades: cognitiva, afectiva, social, comunicativa e ética) que a capacite para ser un membro activo e comprometido coa Igrexa e a sociedade do seu tempo. Os Centros das Fillas de Xesús, fieis á intuición de Cándida Mª de Xesús, caracterízanse en todo o mundo por xerar:

  • Un clima educativo que destaca pola súa sinxeleza e proximidade; un clima de liberdade e ambiente de alegría.
  • Unha pedagoxía centrada na persoa; é dicir: adecuación aos alumnos concretos, con especial interese cara aos máis necesitados.
  • Un enfoque positivo da educación, estimulando e motivando, buscando “o método máis alegre”, apoiando a participación de todos, potenciando o traballo en equipo, o diálogo e o sentido crítico.

Contamos cun amplo equipo docente capacitado, comunicativo e motivado, reforzado por un equipo de orientación formado por profesores de educación especial, profesores de audición e linguaxe, e profesores de pedagoxía terapéutica para cubrir as necesidades educativas máis específicas.

Empregamos as ferramentas que nos ofrecen as novas tecnoloxías: contamos con pizarras dixitais interactivas en todas as etapas, traballamos con tabletas (iPad) e libros dixitais desde 3º de Primaria ata 4º de ESO e dispoñemos de conexión a internet en todas as aulas.

 

:: Oferta educativa

  • 2º ciclo de Educación Infantil (de 3 a 5 anos) en xornada partida (de 09:30 a 13:20 e de 15:20 a 17:20 h.).
  • Educación Primaria (de 6 a 11 anos) en xornada partida (de 09:30 a 13:20 e de 15:20 a 17:20 h.).
  • ESO (de 12 a 15 anos) en xornada continua (de 08:30 a 14:25; só luns de 16:20 a 18:20 h.).
  • Ciclos Formativos de Grao Medio (Actividades Comerciais) e Grao Superior (Xestión de Vendas e Espazos Comerciais) en xornada continua (de 08:30 a 14:25; só luns de 16:20 a 18:20 h.).

Actividades extraescolares gratuítas:

  • Infantil: Inglés, Música, Robótica e Xadrez.
  • Primaria: Inglés, Teatro, Programación e Robótica (1º a 4º de Primaria), Xadrez (1º e 2º de Primaria), Francés (3º a 6º de Primaria), Técnicas de Estudo (5º e 6º de Primaria), ALCOR (5º e 6º de Primaria).
  • ESO e CF: ALCOR, Preparación aos exames oficiais de Cambridge (inglés), Preparación aos exames oficiais de DELF (francés).

Actividades deportivas: predeporte, tenis, fútbol sala, ximnasia rítmica, zumba.

Outras actividades: xadrez, costura creativa, manualidades, entre outras.

 

:: Servizos ofertados

  • Venda de chándal de Estimulación Temperá (Infantil), uniforme e chándal escolar (Primaria e ESO), libros de texto, libros de lectura e material escolar.
  • Servizo de Madrugadores (Infantil e Primaria): de 08:30 a 09:30 h.
  • Comedor:
    • Infantil e Primaria (luns a venres): de 13:20 a 15:20 h.
    • ESO e CF (luns): 14:25 a 16:20 h.
    • ESO e CF (martes a venres): 14:25 a 15:20 h.
  • Transporte: itinerarios desde Noia, Esteiro, Outes, Porto do Son, Portosín, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Boiro.