Acción social

Os nosos centros buscan unha educación integral, en palabras da nosa Fundadora “educar a enteira persoa”. O principal obxectivo é formar persoas comprometidas coas necesidades dos demais para que sexan membros útiles na sociedade.

Ademais doutras accións levadas a cabo durante os diferentes cursos escolares, colaboramos activamente de modo regular con varias institucións solidarias

FASFI

Ao longo do curso colaboramos mediante a Asociación de Axuda Solidaria das Fillas de Xesús con 2 ou 3 proxectos solidarios de primeira necesidade.

Ao longo do curso lévase a cabo unha labor de sensibilización e de potenciación do traballo de FASFI no mundo.

Cáritas

Cada mes colaboramos coa campaña “Un mes, un alimento” onde aportamos unha serie de alimentos de primeira necesidade, facendo unha campaña especial por Nadal.

Cada curso colaboramos por medio da “operación biscoito”.

Cruz Vermella

Cada curso colaboramos na campaña “Xoguetes para todos” na tempada de Nadal.

Fundación GLORR

Dúas veces no curso colaboramos na recollida de roupa usada e calzado para menores que se atopan en situacións moi desfavorables.

Manos Unidas

Cada curso colaboramos nunha carreira solidaria a favor da necesidade que se precise nese momento.

Dúas veces no curso lévanse a cabo campañas de sensibilización dos valores evanxélicos: Domund e Infancia Misioneira, en colaboración coa Igrexa local.

Seur

Cada mes colaboramos na campaña “Tapóns para unha vida”, na que recollemos tapóns para axudar no tratamento dun neno ou nena que o precisen.

Voluntariado

Dúas veces no curso realízanse visitas ao xeriátrico da zona para animar e acompañar ás persoas que máis o necesitan.

Durante todo o curso un grupo de alumnos de distintos niveis colaboran en proxectos de aprendizaxe e servizo.

Equipo:

  • Susana Pais (coordinadora)
  • Alba Blanco
  • Teresa Ces
  • Mercedes Ons