Atención ás familias

O noso colexio dá unha importancia crucial á comunicación familia – escola, dende a certeza de que a educación do alumnado é responsabilidade dos profesionais educativos así como das familias, a comunicación entre ambos axentes educadores é necesaria.

O centro dispón para as familias dunha plataforma dixital para a comunicación entre os pais/nais e o profesorado, así como para consulta de notas, datas de exames, faltas, saídas culturais ou outra información de interese. Trátase da aplicación Educamos*, o sistema de xestión de centros máis extendido en España.

* Enlace a https://www.educamos.com/

Para o alumno, a ferramenta é a súa axenda persoal, deseñada exclusivamente para os centros da Fundación Educativa Jesuitinas, onde o alumnado leva control das súas tarefas, resultados, eventos. Tamén e canal de comunicación entre o profesorado e a familia.

O profesorado do colexio ten dispoñibilidade para entrevistas coas familias cando sexa necesario. Trimestralmente, cada titor ten unha entrevista coa familia para entregar as notas de cada avaliación persoalmente. Tamén ao principio de curso celébranse reunións de familias cos titores e profesores do alumnado e antes de iniciar o curso os titores entrevistan persoalmente ás familias novas.