Innovación

A sociedade do futuro, á que o noso alumando vai enfrontarse, será (é xa) moi diferente da que tiñan que dar resposta os sistemas pedagóxicos tradicionais. A sociedade actual precisa profesionais capaces de resolver problemas, de traballar en equipo, con capacidade de comunicación e de analizar datos. O futuro demandará dos nosos alumnos de hoxe capacidades para empregar ferramentas descoñecidas e inimaxinables hoxe en día.

A escola non pode permanecer indiferente a estes cambios e debe preparase para formar ao alumnado fronte aos retos do futuro. Deste modo, o noso centro, opta por apostar polas metodoloxías, xa amplamente coñecidas e testadas que nos poidan proporcionar estes resultados.

Estimulación temperá

A estimulación temperá consiste e proporcional aos nenos un conxunto de posibilidades que axuden a desenvolver as súas capacidades cognitivas e motrices do xeito máis adecuado.

Na Educación Infantil traballamos con técnicas de repetición (pases de bits), de modo que estas repeticións de eventos sensoriais e actividades permitan reforzar as diferentes áreas neuronais do alumno.

Dende o punto de vista motor, lévanse a cabo actividades de equilibrio, braquiación, motricidade fina e outras que permitan desenvolver as capacidades espaciais e control do movemento.

Traballo cooperativo

“A aprendizaxe non é un encontro deportivo ao que un pode asistir como espectador. Require da participación directa e activa dos estudantes. Ao igual que os alpinistas, os alumnos escalan máis facilmente as cimas da aprendizaxe cando o fan formando parte dun grupo cooperativo” (Johnson & Johnson, “A aprendizaxe cooperativa na aula”)

A mellora das habilidades sociais , o traballo en equipo ou a capacidade de comunicación é un aspecto esencial para acometer os retos que a sociedade demandará do noso alumnado.

En todos os niveis traballamos en cooperativo. Baseado principalmente nas propostas dos irmáns Johson and Johnson, as clases están configuradas en equipos que traballan de modo cooperativo e aplicando técnicas como as estruturas de Kagan para lograr o mellor rendemento e o maior desenvolvemento das súas posibilidades individuais para lograr un éxito como grupo.

Traballo por proxectos

O traballo por proxectos é unha necesidade na educación do século XXI. Fronte a unha educación tradicional que só demanda un consumo de contidos para superar un exame e que non leva a un aprendizaxe real, o traballo por proxectos propón ao alumnado situacións motivadoras e prácticas para as que será necesario profundar nos contidos de cara a poder dar solución a un problema.

Proxectos de comprensión por Intelixencias Múltiples

“Cada ser humano ten unha combinación única de intelixencia.Este é o desafío educativo fundamental: estimular a cada alumno dunha forma personalizada” (Howard Gardner)

A teoría das Intelixencias Múltiples de Howard Gardner ensínanos que as persoas dispoñemos, non só das intelixencias que tradicionalmente se ensinaban nas escolas (a lingüística e a matemática), se non tamén doutras seis tan importantes como estas (a naturalista, a visual-espacial, a corporal-cinestésica, a musical, a interpersoal e a intrapersoal). Baseándose en esta teoría os alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria e tamén de Educación Secundaria levan a cabo proxectos por IIMM que axudan a potenciar estas capacidades.

ABP

En ESO e CF damos un paso máis e traballamos no Aprendizaxe Baseado en Problemas. Así, os nosos alumnos reciben unha situación real, na que teñen que aplicar os contidos curriculares para dar solución a ese problema proposto. Estes proxectos desenvólvense, tamén, como proxectos interdisciplinares en todos os cursos de Secundaria e Ciclos Formativos.

No constante proceso de investigación e actualización metodolóxica, deseñamos tamén outro tipo de proxectos, como é o caso da gamificación ou pasaxes de aprendizaxe.

Cultura de pensamento

“Para reter, comprender e usar activamente o coñecemento, este debe acumularse durante anos e unha consecuencia do pensamento” (David Perkins, “A escola intelixente”)

O obxectivo da cultura do pensamento é acadar que os estudantes sexan conscientes dos seus procesos cognitivos. Fronte aos procesos tradicionais baseados na aprendizaxe memorística, o obxectivo final destas estratexias de pensamento visible é axudar ao alumnado a descubrir os seus procesos de razoamento de cara a lograr unha aprendizaxe máis eficaz.

Empregamos nas nosas aulas rutinas de pensamento para fomentar no alumnado estratexias de razoamento que modifiquen o seu modo de pensar para facelo máis eficaz á hora de resolver problemas, tomar decisións ou de expresar e recoñecer emocións.

Prácticas de metacognición (pensar sobre o pensamento) intégranse tamén nos proxectos para mellorar a capacidade de razoamento do alumnado.

Proxecto Aula i+ (iPad)

A nosa proposta innovadora complétase co uso das TAC (Tecnoloxías Aplicadas á Educación) co uso do Apple iPad como ferramenta de traballo, en substitución dos libros de texto tradicionais, dende 3º de Primaria. Dentro das programación de actividades cooperativas o do traballo por IIMM, as posibilidades e apps educativas, seleccionadas polos profesionais do colexio, permítennos formar un alumnado líder a nivel de creatividade e colaboración, así como potenciar ao máximo as súas competencias, non só dixitais, se non ademais todas as relacionadas coas Intelixencias Múltiples. Levamos traballando con estes dispositivos dende 2012, cando os colexios de Jesuitinas de Galicia foron pioneiros no seu uso na aula, e que hoxe en día está cada vez máis xeneralizado.

Intelixencia Espiritual

Como centro cristián, temos especial atención polas inquedanzas espirituais do noso alumnado. Dentro dun marco de respecto a toda a diversidade de crenzas e á liberdade individual de cada persoa, damos a posibilidade dun crecemento interior que forme persoas con coñecemento de si mesmas e con sentido de vida.

Son xa moitos os autores que completan as Intelixencias Múltiples (tamén o propio Howard Garder abre a porta a esta posibilidade) coa Intelixencia Espiritual e moitas as empresas e organizacións que a incorporan para mellorar o entusiasmo, o compromiso ou a capacidade de liderazgo.