Ciclos Formativos

Os nosos Ciclos Formativos de Grao Medio de Actividades Comerciais e de Grao Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais están enfocados a capacitar, aumentar e mellorar as competencias dos nosos alumnos, e as probabilidades de acadar un mellor emprego, mellorando o seu desempeño dentro do sector do comercio e servizos asimilados, e ter unha formación activa na sociedade.

O noso obxectivo é que toda a información aprendida non só sexa teórica, senón que os nosos alumnos e alumnas poidan poñer en prácticas todo o aprendido mediante a realización de distintos proxectos e actividades, e que culmina coa Formación nos Centros de Traballo (FCT) e prácticas en gran variedade de empresas: Inditex (Bershka, Zara, Stradivarius, Pull), Vegalsa, axencias de seguros, inmobiliarias, Rotogal. Frinsa, Gadisa, Lolita Moda Multimarca, BAP & Conde, The Desire Shop, e moitas máis… para deste xeito completar a súa educación profesional.

O sector do comercio e marketing (tanto físico como online) e afíns teñen unha demanda constante de emprego, sendo esta a razón principal para formarse e reciclarse nesta especialidade, posto que as opcións de incorporación ao mundo laboral son inmediatas.

A maiores este curso 2020/2021 o alumnado de Ciclos Formativos gañou dous premios importantes:

  • 2ºPremio: Innovación Educativa
  • 1º Premio: Cartelería Campaña Nadal Noia Histórica

Estas ensinanzas son completamente gratuitas e podes atopar toda a info en https://www.edu.xunta.gal/fp/oferta-fp

FÓRMATE E RECÍCLATE CON NÓS!!! RESERVA A TÚA PRAZA EN XUÑO!!