Educación Primaria

Imaxínaste un cole onde eduquen e ensinen aos teus fillos co método máis alegre? Onde vaian ata o fin do mundo na busca dos teus? Onde se non hai sitio para un, non hai sitio para ninguén? Onde estudar sempre viste á última moda?

Pois sí, créeme, existe. A Nai Cándida María de Xesús, a nosa fundadora, puxo a base deste proxecto que en Educación Primaria (etapa comprendida entre os 6 e os 12 anos de idade) conta cun equipo de profesores que fan posible cumplir este soño educativo. Non se trata só de ensinar contidos, senon de ir máis aló, de formar persoas autónomas, creativas e comprometidas coa nosa sociedade. Porque nas nosas mans está o futuro.

Proxectos de comprensión baseados nas Intelixencias Múltiples

As nosas aulas están organizadas en grupos cooperativos, xa que deste éxito todos podemos aportar o mellor de nós mesmos, porque como asegura Howard Gardner, “A intelixencia é un potencial biopsicolóxico que se pode activar para resolver problemas e crear”.

Contamos con proxectos elaborados polos mestres de Primaria e adaptados ás necesidades dos nosos alumnos. Quen mellor para coñecer aos nosos alumnos que os seus mestres!

Aprendizaxe cooperativa

As habilidades sociais son unha parte fundamental no desenvolvemento da persoa, e para isto, a aprendizaxe cooperativa axuda a que todos os membros do equipo aprendan os contidos ata o máximo de posibilidades de cada un, ademais doutros valores como a solidariedade, o servizo aos demais, o respecto polas diferenzas…

Plurilingüismo

O plurilingüismo forma parte do noso día a día. En idades temperás, cando os nenos son como esponxas que absorben todo, premia o traballo nas linguas: castelán, galego e inglés. Na nosa aposta por abrirse camiño na sociedade nacen Arts e Science, materias impartidas en inglés. Do mesmo xeito, en Primaria os nosos alumnos experimentan a presenza da lingua francesa como unha actividade na que aprenden xogando, e que os prepara para a ESO.

Novas tecnoloxías

E cómo non, sempre a última tendenza que move a nosa sociedade e que fai que avance e evolucione a un ritmo vertixinoso, onde engancharte e quedarte enredado é a única alternativa para avanzar e camiñar cara ao futuro: a tecnoloxía forma parte da nosa vida e naceu para quedarse nela e camiñar ao noso carón. Deste xeito, en 3º de Primaria ten a súa semente o Proxecto de Aula i+. Nela o iPad é unha ferramenta de traballo que nos acompaña no noso quefacer diario.

Apoio

No noso cole contamos co Servizo de Orientación, que realiza a identificación de dificultades de aprendizaxe e determina as necesidades educativas do alumnado, contando coa participación de todos os profesionais implicados na atención ao mesmo. Isto faise a través dun proceso de avaliación psicopedagóxica, que permitirá axustar a resposta educativa ás necesidades que poida ter o alumnado ao longo da súa escolarización.
Deste xeito nacen os apoios e Reforzos Educativos, para tentar que o alumnado acade o seu potencial máximo a todos os niveis.

Saídas culturais

En cada trimestre do curso facemos unha saída cultural a sitios como Santiago, A Coruña, Padrón… trátase dunha saída onde compartimos un día diferente cos compañeiros e mestres, pero tamén de convivencia, de aprendizaxe fóra das aulas. Do mesmo xeito, en diferentes momentos do trimestre facemos visita a Noia e arredores, para coñecer e vivir de preto costumes, organización social, monumentos…