Superheroes pola Paz

Hoxe xuntámonos co motivo da celebración do día da Paz e non Violencia na escola. Un ano máis, quixemos estar presentes e comprometidos para traballar pola tolerancia, a solidariedade, a concordia e o respecto aos Dereitos Humanos, porque, aínda que ás veces non nos comportemos da mellor maneira, CREMOS na importancia de facer o ben coas nosas accións.

Como traballamos na canción “Quiero, quiero y quiero”, se vos preguntamos qué “tres desexos” queredes cumprir agora mesmo, seguro que moitos xa o teriades claro, pero se vos preguntamos qué “tres desexos” lle podedes cumprir vós a alguén? Saberidades por onde comezar?

Quixemos deixar claro que todos podemos ser superheroes ou superheroínas nalgún momento das nosas vidas, ben sexa compartindo xoguetes cos demais, compartindo as nosas chucherías ou a merenda no recreo, tratando ben aos demais para que non se sintan mal ou sós, facendo un uso responsable das redes sociais para que ninguén se sinta atacado… Todas estas pequenas accións, poden convertirse en desexos cumpridos se CREMOS na Paz, pero non o podemos facer de calquera maneira, senón, como traballamos desde as reflexións, seguindo o estilo de Xesús desde a humildade e o bo facer. Feliz día da Paz, e lembrade que “A PAZ COMEZA CUN SORRISO”.