Un paseo por Italia

Os nenos e nenas de 4 anos despedimos un trimestre cargado de aventuras tras o noso paso por Italia, un proxecto co que viaxamos ata Roma, Pisa e Venecia. Aprendemos que o Coliseo Romano, a Fontana de Trevi, a Torre de Pisa e a Basílica de San Pedro son os seus monumentos por excelencia. Descubrimos que é a cuna dos xeados e o país onde podemos degustar as mellores pizzas e pastas do mundo! Aínda así, atrevémonos a elaborar unha nós mesmos que, para ser sinceros, pouco tivo que envidiar ás que se fan en Nápoles! Encántanos cómo toca o violín Vivaldi e cómo pinta Leonardo da Vinci, gustaríanos ser gondoleros para pasear en góndola polos canais de Venecia e desfrutar xuntos dos carnavais coas nosas máscaras venecianas!

Qué viaxe tan intensa e cánto nos gustou!

Ver máis imaxes: