Semana do Libro

AVISO: Por mor das inclemencias meteorolóxicas, as actividades previstas para a semana do libro aprázanse para os días 29 e 30 de abril.

Os días 29 e 30 de abril celebraremos a Semana do Libro.
En colaboración coa ANPA a biblioteca do colexio transformarase novamente en bibliopatio. Nos recreos, os alumnos poderán desfrutar dunha selección de libros nun espazo diferente, ao aire libre.
Además, o día 29, a ANPA propón o certame de “Canapés Literarios”, o alumnado poderá recoller na biblioteca citas de diversos libros que terán que adiviñar. O 30 de abril terán a solución ao certame cun pequeno agasallo para os que adiviñen a cita proposta.
Lembrar tamén que xa comenzou a recollida de obras do II Concurso Literario organizado tamén dende a Biblioteca coa colaboración da ANPA.