Graduación dos nenos e nenas de Infantil

Rematamos un curso difícil e complexo pero temos o honor de poder dicir que o conseguimos, que chegamos ao remate acadando o propósito co que comezamos: lograr que todos os rapaces se “graduasen” en Infantil e pasasen a Primaria. E aínda que nos deu moita pena que non puiderades asistir as familias, intentamos todo o colexio que os/as nenos/as tivesen un día diferente como se merece a súa graduación. Como mostra podedes ver as fotos da festa que organizamos para todos eles. Tamén tedes un vídeo cun pequeno resumo do seu percorrido por toda a súa etapa de Infantil. Agora… nenos e nenas, tócavos comezar unha andaina diferente e apaixonante en Primaria. Un bico moi grande das mestras de Infantil.