Graduación 4º ESO 2021

Este curso, unha vez máis, despedimos aos alumnos de 4º de ESO cun emotivo acto de graduación; no que participou todo o profesorado do colexio, os nosos alumnos, e na distancia, a través do noso canal de youtube, as familias. Agradecemos ao Concello de Noia os medios que nos proporcionaron a través do Concelleiro de Cultura, José Pérez, que fixo posible a retransmisión deste acto en directo.

Para nós é unha celebración na que se rende homenaxe ao esforzo de alumnos e de profesores, ao longo de varias etapas educativas en moitos casos, e á confianza que as familias depositaron en nós nestes anos.

Arrancamos cunha peza musical en directo a cargo de profesor e alumna, Manuel García e Nerea Neira; ao longo do acto representantes de pais e nais, de profesores e de alumnos, deixáronnos as súas emocionantes mensaxes de despedida. Igualmente conmovedor foi o vídeo que nos prepararon os alumnos graduados coa axuda do seu profesor, Josema González.

Moi boa sorte a todos e grazas por encher as nosas aulas de vida, traballo e ilusión. No colexio Maria Assumpta sempre seredes benvidos.

Cremos en vós.