II Premio de boas prácticas de innovación educativa – Escolas Católicas

O alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais participamos na segunda edición dos PREMIOS Á INNOVACIÓN EDUCATIVA patrocinados por Escolas Católicas e o grupo SM, no que obtivemos o II PREMIO.
O obxectivo do noso proxecto  “O Comercio Local Medra Contigo No Nadal” é axudar a promocionar o comercio local da Vila de Noia, xerando así unha aprendizaxe e servizo cara ao contorno máis próximo ao colexio, caracterizado pola súa interdisciplinariedade (loxística, escaparatismo, deseño…), pola colaboración con entidades como Noia Histórica e Concello de Noia, pola súa continuidade no tempo, adaptación ao momento covid e que ademais inclúe difusión e proceso de reporting final.
Trátase dunha aprendizaxe práctica moi relevante para nós grazas á súa aplicación real no pobo, sempre disposto a colaborar, o que xenera un factor moi motivador e unha maior implicación pola nosa parte. Estamos moi contentos e emocionados por este Premio e o recoñecemento ao noso traballo.

Invitámosvos a ver un anaquiño do noso proxecto premendo no seguinte enlace, esperamos que vos guste!!!

O comercio local medra contigo no Nadal – 2º CS Xestión Vendas e Espazos Comerciais