Biblioteca escolar. Día da Paz

“Non hai camiño para a paz, a PAZ é o CAMIÑO”

– Mahatma Gandhi –

O 30 de xaneiro celébrase o Día da Non Violencia é a Paz. Desde a Biblioteca Escolar tamén quixemos poñer o noso graíño e
propuxemos  elaborar, entre tod@s, unha vacina de paz e de bo trato, para protexernos a nós a nosa contorna:

A VACINA DO BO TRATO

Á cidade chegou un forasteiro con cara de poucos amigos: o VIOLENTOVIRUS.

Violentovirus, como todos os virus, só trae problemas: todos saímos perdendo cando se achega a nós. Así que, o mesmo que pasa con todas as epidemias, o mellor é previr. E cal será o mellor modo de facelo?…

Pois si, vacinándonos. Seremos capaces de atopar a vacina que nos axude a acabar co mal trato e a violencia?

Pois, mans á obra… ¡A por ela!