Concurso Cartel Campaña Nadal Noia Histórica

O alumnado de 2º CFGS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais con motivo da celebración da Campaña de Nadal 2020, e coincidindo cunha actividade programada dentro do proxecto interdisciplinar que están a traballar e que leva por título “O COMERCIO LOCAL MEDRA CONTIGO NO NADAL”, participou no Concurso de Carteis organizado pola Asociación de Comerciantes e Profesionais Noia Histórica, en colaboración co Concello de Noia.

O obxectivo do concurso era elexir o cartel que representaría á Campaña neste nadal. Aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo.