Ampliación do prazo de recepción de traballos do Concurso Literario

A ANPA do colexio María Assumpta ven de comunicarnos o seguinte:
– Amplíase o prazo de recepción de traballos para o III CONCURSO LITERARIO ata o comezo do novo curso 2020-2021. A data exacta concretarase unha vez comece o curso, para sopesar a posibilidade de realizar unha entrega de premios, sexa con público ou en privado a cada premiado. Todo dependerá de como se vaia resolvendo a crise sanitaria actual.

Aínda estades a tempo! Animádevos!!

Tedes todo o verán para crear as vosas obras!

ANPA – BASES III CONCURSO LITERARIO MARIA ASSUMPTA