María Inmaculada “Estrela do noso camiño”

Todos os Centros Educativos que nos sentimos Familia da Nai Cándida celebramos o Día da Inmaculada como unha das festas máis entrañables, importantes e significativas, pois foi a data na que Santa Cándida fundou a Congregación das Fillas de Xesús (08/12/1871) e para todos nós é un orgullo poder seguir traballando no seu proxecto.
Neste tempo de Advento María Inmaculada “Estrela do Noso Camiño” tamén nos lembra as raíces do noso proxecto educativo: sinxeleza, humildade e servizo aos demais, e que como non podía ser doutro modo celebramos ao ritmo das campás do Mil Albricias e disfrutando dun chocolate con churros organizado polo grupo Alcor que nos lembraba este día de festa.
Agradecer a toda a Comunidade Educativa o seu apoio e confianza no noso modo propio de educar que non é máis que o que as Fillas de Xesús nos ensinaron.

Ver máis imaxes:
Leer más

Morremos por vivir!

Se necesitase un órgano para seguir vivindo, gustaríame podelo ter?
Así foi como Marta, Coordinadora Autonómica de Trasplantes, comezou a súa charla dirixida a alumnos de Ciclos Formativos, sobre a importancia da doazón de órganos e tecidos así como os requisitos que hai cumprir para ser donantes e receptores de órganos.

Sempre libre e viva

O luns 25 de novembro adicamos a mañá a lembrar a todas as mulleres do mundo que sofren algún tipo de violencia. Dende Educación Infantil ata Ciclos Formativos traballamos cos nenos as actitudes de tolerancia e convivencia positiva: a importancia de como falamos, a linguaxe que utilizamos e os xestos. Cremos que é fundamental que a escola e a familia traballen unidas para formar aos rapaces en actitudes tolerantes e respectuosas.

Sabes como chega a nós o que comemos?

Os/as alumnos/as de CF asistimos a unha visita guiada ao porto da Coruña para coñecer máis de preto o transporte de mercadorías, carga e descarga das mesmas, o proceso loxístico, os intermediarios e as canles de distribución.
De seguido fomos ao centro comercial de Marineda para complementar a nosa formación realizando traballos de investigación de merchandising.
Foi unha xornada de aprendizaxe e convivencia moi satisfactoria.
Grazas a Manuel, o guía do Porto, polo seu recibimiento e as súas explicacións.
Ata a próxima.

Magosto 2019

Castaña, castaña que no lume estás, salta, salta, salta que te queimarás… o luns 4 de novembro no colexio celebramos o Magosto, foi un día moi especial, a choiva deunos unha pequena tregua e puidemos degustalas ao aire libre aínda que para divertirnos cos xogos tradicionais tivemos que ir ao poli. O noso castañeiro especial Serafín veu un ano máis para asarnos as castañas. Qué ricas estaban!

Máis imaxes:
Leer más

Samaín, a festa Celta dos defuntos

“Era a noite máis perigosa do ano, as portas do outro mundo abríanse e as ánimas visitaban a terra […]. Para afastar as perigosas ánimas defuntas e errantes, adoitaban poñer no alto das muradas dos castros as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña”. Este fragmento do libro “Samaín, a festa das caliveras” resume a orixe e o espíritu do Samaín, unha festa que no cole celebramos cada 31 de outubro e que desfrutamos todos, pequenos e non tan pequenos, co noso “Túnel do terror” atravesando polo medio de fantasmas, zombis, bruxas, música, maxia e dándolle así o sabor auténtico da nosa festa de defuntos.

Pasámolo TERRORÍFICAMENTE BEN !!!

Máis imaxes:

Leer más

Camiño de Santiago (I)

Primeiro treito Portus Apostoli: Noia-Mosteiro de Toxosoutos

Este curso, querendo dar outro aire ás convivencias de encontro persoal do noso alumnado, estamos inmersos no proxecto “Eu creo no camiño de Xesús”. O proxecto vai dirixido ao alumnado dende 5º de Primaria ata Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior. O fío condutor é afondar na mensaxe de Xesús da vida como camiño compartido. Neste primeiro treito recibimos a bendición do noso cura-párroco D. José Ortoño. Cun repique de campás saímos de San Martiño acompañados pola asociación Trabandainas destino Mosteiro de ToxoSoutos, onde nos agardaban as familias para compartir o xantar. Durante o camino facéndonos eco das palabras do Papa Francisco na Encíclica Laudato Si aproveitamos para facer unha recollida de lixo e fomentar o coidado da casa común.

Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos. Esperámosvos no segundo treito.

Queremos agradecer á Asociación Trabandainas, aos Concellos de Noia e Lousame e a Protección Civil o seu gran traballo e axuda durante todo o treito.

Misión futuro

O alumnado de Economía e IAEE de 4° ESO e o de CF participou nuns obradoiros da fundación Mapfre impartidos por Noelia sobre previsión, aforro e seguros, temas todos eles tratados nas materias citadas.

Noelia, a través de diferentes misións que os alumnos tiñan que ir superando, fíxolles caer na conta do importante que é planificar os ingresos e gastos para poder afrontar imprevistos que van xurdindo sen ter que acudir sempre ao endebedamento á vez que aprenderon un montón de conceptos relacionados co tema en cuestión.
Foi moi instructivo á vez que divertido!!!

O marketing xa non é saber producir, senón, ¿qué historias sabes contar?

Os nosos alumnos de Márketing Dixital do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais seguen cos plans de Márketing das súas empresas “ficticias”.

Neste artigo destacamos logos, cartelería e accións publicitarias levadas a cabo coas aplicacións, programas e recursos cos que contan os rapaces.

As doses de teoría mesturadas coa inmersión na realidade empresarial ofrecen uns resultados sorprendentes. Temos empresas de todo tipo: conservas, madeireiras, ocio, moda, clínicas, axencias de publicidade e outros servizos.