Matrículas de honra

Este curso escolar 20-21 rematou cunha mención moi especial para 4 alumnas do noso colexio. Polo seu sobresaínte rendemento académico na ESO: Celia Gómez Campos e Nerea Neira Sieira, e en Ciclos Formativos: Aldara Crujeiras Iglesias e María del Carmen Queiro Abeijón, recibiron a súa merecidísima Matrícula de Honra. Felicidades e moitos éxitos no voso futuro.

No Colexio Maria Assumpta CREMOS EN TI.

II Premio de boas prácticas de innovación educativa – Escolas Católicas

O alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais participamos na segunda edición dos PREMIOS Á INNOVACIÓN EDUCATIVA patrocinados por Escolas Católicas e o grupo SM, no que obtivemos o II PREMIO.
O obxectivo do noso proxecto  “O Comercio Local Medra Contigo No Nadal” é axudar a promocionar o comercio local da Vila de Noia, xerando así unha aprendizaxe e servizo cara ao contorno máis próximo ao colexio, caracterizado pola súa interdisciplinariedade (loxística, escaparatismo, deseño…), pola colaboración con entidades como Noia Histórica e Concello de Noia, pola súa continuidade no tempo, adaptación ao momento covid e que ademais inclúe difusión e proceso de reporting final.
Trátase dunha aprendizaxe práctica moi relevante para nós grazas á súa aplicación real no pobo, sempre disposto a colaborar, o que xenera un factor moi motivador e unha maior implicación pola nosa parte. Estamos moi contentos e emocionados por este Premio e o recoñecemento ao noso traballo.

Invitámosvos a ver un anaquiño do noso proxecto premendo no seguinte enlace, esperamos que vos guste!!!

O comercio local medra contigo no Nadal – 2º CS Xestión Vendas e Espazos Comerciais

Hoxe por min, mañá por ti

É o eslogan do cartel elexido polo xurado do concurso de Carteis para a campaña de Nadal. A gañadora, Fayna Agrelo Fernández, con este lema quixo transmitir unha mensaxe moi clara, coidemos e valoremos o que temos. Noraboa Fayna e parabens a todos os alumnos pola súa participación e o seu compromiso con comercio local.

Concurso Cartel Campaña Nadal Noia Histórica

O alumnado de 2º CFGS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais con motivo da celebración da Campaña de Nadal 2020, e coincidindo cunha actividade programada dentro do proxecto interdisciplinar que están a traballar e que leva por título “O COMERCIO LOCAL MEDRA CONTIGO NO NADAL”, participou no Concurso de Carteis organizado pola Asociación de Comerciantes e Profesionais Noia Histórica, en colaboración co Concello de Noia.

Leer más

Proxecto “Alumnos observadores”

A pasada fin de semana tivo lugar a feira do comercio en Noia. Unha parte do alumnado de CFGM e CFGS estivemos presentes, toda a xornada do venres, colaborando con varios comerciantes da Vila no deseño, montaxe, colocación… dos diferentes estands. Outros estivemos nos propios establecementos, levando a cabo tarefas de colocación da tenda por cores, modelos, elaboración de escaparates, composición de paredes, deseño e composicións de salóns e dormitorios, páxina web, tenda online, redes sociais e incluso algúns estivemos coñecendo un pouco o mundo dos seguros.
Foi unha experiencia que nos permitiu ter o noso primeiro contacto co mundo laboral e sentirnos coma verdadeiros protagonistas.
Moitísimas grazas a todas e todos os empresarios que fixestes que esta xornada fose posible.


Máis imaxes: Leer más

Xuntanza de cómic no Maria Assumpta

Chegou o 21 de febreiro e chegoi o Entroido ao Colexio Maria Assumpta! Día de festa, disfraces, filloas, orellas… O fío condutor deste ano foi o cómic, e personaxes chegados de diferentes planetas, épocas, países… acompañáronnos nesta xornada que comezou pola mañá co festival dos alumnos de ESO e Ciclos Formativos, e continuou pola tarde con Infantil, Primaria e 1º ESO.
Feliz Entroido a todos!

Máis imaxes: Leer más

Superheroes pola Paz

Hoxe xuntámonos co motivo da celebración do día da Paz e non Violencia na escola. Un ano máis, quixemos estar presentes e comprometidos para traballar pola tolerancia, a solidariedade, a concordia e o respecto aos Dereitos Humanos, porque, aínda que ás veces non nos comportemos da mellor maneira, CREMOS na importancia de facer o ben coas nosas accións.

Como traballamos na canción “Quiero, quiero y quiero”, se vos preguntamos qué “tres desexos” queredes cumprir agora mesmo, seguro que moitos xa o teriades claro, pero se vos preguntamos qué “tres desexos” lle podedes cumprir vós a alguén? Saberidades por onde comezar?

Quixemos deixar claro que todos podemos ser superheroes ou superheroínas nalgún momento das nosas vidas, ben sexa compartindo xoguetes cos demais, compartindo as nosas chucherías ou a merenda no recreo, tratando ben aos demais para que non se sintan mal ou sós, facendo un uso responsable das redes sociais para que ninguén se sinta atacado… Todas estas pequenas accións, poden convertirse en desexos cumpridos se CREMOS na Paz, pero non o podemos facer de calquera maneira, senón, como traballamos desde as reflexións, seguindo o estilo de Xesús desde a humildade e o bo facer. Feliz día da Paz, e lembrade que “A PAZ COMEZA CUN SORRISO”.

Cre no Nadal de Xesús, o verdadeiro Nadal!

“…E o verbo foi feito carne e habitou entre nós e vimos a súa gloria, gloria como o unixénito do Pai cheo de gracia e de verdade…” Jn 1:14
O verdadeiro Nadal de Xesús foi vivido este venres no voso Colexio, o Colexio Maria Assumpta. Un Deus feito home nace de xeito moi humilde nunha corte, entre pastores e a xente máis pobre do pobo. O xeito máis directo para transmitir á humanidade que Deus nace para todos.
Ensinemos aos rapaces qué é o Nadal, pero o Verdadeiro Nadal, ese Nadal que ten que nacer no noso interior para facernos CRER que todos cos nosos actos podemos mellorar e cambiar a nosa realidade.
Grazas a Melchor, Gaspar e Baltasar por quitar un ratiño do seu tempo e vir a compartilo con nós.
GRAZAS A TODOS POR ESTAR SEMPRE AÍ E… que este Nadal convirta cada desexo en realidade, cada bágoa nun sonriso e cada corazón en doce morada para Xesús noso Señor.
FELIZ NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO!!

Ver máis imaxes:
Leer más