Aniversario Santa Cándida: Cre, crea… cambia!

Despois de moito tempo, o pasado venres puidemos disfrutar da nosa tradicional festa de fin de curso. A xornada comezou coa celebración de aniversario de Santa Cándida, a nosa fundadora. Foi un momento moi emotivo onde toda a Comunidade Educativa lembramos todo o aprendido nestes tres últimos anos. Moitas cousas pasaron que nos cambiaron, pero que nos fixeron máis fortes.
A festa continuou ao ritmo “das Vegas”, música, xogos e moita diversión acompañáronnos durante toda a xornada festiva. Pequenos, maiores e profesores pasárono xenial aceptando os retos de cada proba preparada. 
Damos grazas ás Fillas de Xesús por todo o herdado e polo seu labor que comezou hai xa 150 anos, e que hoxe está presente en 17 países do mundo. Grazas tamén ás familias por estar presentes en cada momento vivido e por axudarnos a seguir medrando ano tras ano. Ata a próxima!

Leer más

Festival de Entroido 2022

Este ano volvimos gozar do Festival de Entroido, despois de moito tempo, cunha gran Festa Pirata. Foron momentos moi emotivos nos que o alumnado de Infantil e Primaria tiveron ocasión de presentar os seus bailes e desfiles, mentres que os de Secundaria gozaron dunha mañá festiva cun Escape Room pirata e os seus bailes. Así mesmo, agradecer tamén ao Concello de Noia e ao concelleiro Pepe Pérez polo agasallo das orellas, que fixeron aínda máis doce a mañá do venres.

Leer más

Un Nadal para dalo todo

Este ano, no noso colexio cambiamos o enfoque do Nadal centrándonos en escoitar aos demais. Cambiamos o consumismo polo acompañamento, a axuda, a alegría, por poñer o mellor de nós ao servizo dos demais. Tamén chegamos á conclusión de que Xesús nunca pode pasar moda, porque Xesús é amor e o amor xamais pasa de moda.

E con ese amor que tanto nos caracteriza celebramos un Nadal no que o demos todo nos xogos e actividades navideñas. Vivimos un Nadal auténtico!

Leer más

Comezamos o cambio

O cambio foi o fío condutor durante a celebración da inauguración deste novo curso. Puidemos aprender que todos podemos ser axentes de cambio. Para isto, o alumnado axudouse dun semáforo que acompañará as súas emocións durante o curso. Estade atentos porque este curso promete grandes aventuras.

Leer más

Entroido larafuzán, comiches a chicha e deixaches o pan

O entroido, festa por excelencia onde os costumes se relaxan, os roles invértense e un pode rirse de todo. Con este lema, no colexio quixemos rirnos de todo e darlle a volta a esta situación tan nefasta que nos tocou vivir e non quixemos perdernos  o Entroido.

Os nenos e nenas de todas as etapas educativas viñeron disfrazados e puidemos ver pasearse polas nosas aulas heroes e heroínas como Spiderman, Batgirl, Hulk, Thor, Batman, Capitán América… ou pikachus, Narutos… tamén puidemos ver a policías, piratas, indios, bruxas… e non podían faltar Elsa, Mulán ou os unicornios…

Para rematar a xornada,  por xenerosidade do Concello de Noia todos degustamos unhas orellas ben ricas.

Votádelle un ollo ás fotos e veredes que ben o pasamos sen esquecer o protocolo Covid.

Viva o entroido!!

Leer más

8 de marzo, homenaxe ás mulleres

No cole quixemos homenaxear a todas as mulleres, pero especialmente á nosa muller galega que traballa na casa e fóra, que cría aos seus fillos, ás avoas que fan de nais para cos seus netos, ás mulleres de emigrantes que fan fronte á vida elas soas… e sobretodo concienciar sobre a igualdade existente entre homes e mulleres e promover a reflexión para lograr a igualdade neste ámbito.
Para iso, nas diferentes etapas organizamos diferentes tarefas, en Infantil e ata 4º de Primaria os nenos/as trouxeron unha foto dunha muller importante na súa vida e dende 5º de Primaria ata Ciclos Formativos o alumnado asistiu a unha mesa de experiencias na que 4 mulleres (María, Silvia, Olaya e Lucía) nos contaron a súa experiencia e as dificultades coas que se atoparon dende que comezaron os seus estudios ata a súa incorporación ao mundo laboral.
Dende o colexio queremos darlles as grazas por querer compartir con nós as súas vivencias e reflexións para que sigamos avanzando na igualdade de xénero.

Ver máis imaxes: Leer más

Xuntanza de cómic no Maria Assumpta

Chegou o 21 de febreiro e chegoi o Entroido ao Colexio Maria Assumpta! Día de festa, disfraces, filloas, orellas… O fío condutor deste ano foi o cómic, e personaxes chegados de diferentes planetas, épocas, países… acompañáronnos nesta xornada que comezou pola mañá co festival dos alumnos de ESO e Ciclos Formativos, e continuou pola tarde con Infantil, Primaria e 1º ESO.
Feliz Entroido a todos!

Máis imaxes: Leer más

Superheroes pola Paz

Hoxe xuntámonos co motivo da celebración do día da Paz e non Violencia na escola. Un ano máis, quixemos estar presentes e comprometidos para traballar pola tolerancia, a solidariedade, a concordia e o respecto aos Dereitos Humanos, porque, aínda que ás veces non nos comportemos da mellor maneira, CREMOS na importancia de facer o ben coas nosas accións.

Como traballamos na canción “Quiero, quiero y quiero», se vos preguntamos qué “tres desexos” queredes cumprir agora mesmo, seguro que moitos xa o teriades claro, pero se vos preguntamos qué “tres desexos” lle podedes cumprir vós a alguén? Saberidades por onde comezar?

Quixemos deixar claro que todos podemos ser superheroes ou superheroínas nalgún momento das nosas vidas, ben sexa compartindo xoguetes cos demais, compartindo as nosas chucherías ou a merenda no recreo, tratando ben aos demais para que non se sintan mal ou sós, facendo un uso responsable das redes sociais para que ninguén se sinta atacado… Todas estas pequenas accións, poden convertirse en desexos cumpridos se CREMOS na Paz, pero non o podemos facer de calquera maneira, senón, como traballamos desde as reflexións, seguindo o estilo de Xesús desde a humildade e o bo facer. Feliz día da Paz, e lembrade que “A PAZ COMEZA CUN SORRISO”.

Cre no Nadal de Xesús, o verdadeiro Nadal!

«…E o verbo foi feito carne e habitou entre nós e vimos a súa gloria, gloria como o unixénito do Pai cheo de gracia e de verdade…» Jn 1:14
O verdadeiro Nadal de Xesús foi vivido este venres no voso Colexio, o Colexio Maria Assumpta. Un Deus feito home nace de xeito moi humilde nunha corte, entre pastores e a xente máis pobre do pobo. O xeito máis directo para transmitir á humanidade que Deus nace para todos.
Ensinemos aos rapaces qué é o Nadal, pero o Verdadeiro Nadal, ese Nadal que ten que nacer no noso interior para facernos CRER que todos cos nosos actos podemos mellorar e cambiar a nosa realidade.
Grazas a Melchor, Gaspar e Baltasar por quitar un ratiño do seu tempo e vir a compartilo con nós.
GRAZAS A TODOS POR ESTAR SEMPRE AÍ E… que este Nadal convirta cada desexo en realidade, cada bágoa nun sonriso e cada corazón en doce morada para Xesús noso Señor.
FELIZ NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO!!

Ver máis imaxes:
Leer más