Festa da imposición da pañoleta

O pasado 31 de maio foi un día moi especial para Alcor Noia, celebramos o aniversario da nosa Fundadora Santa Cándida María de Xesús coa tradicional Festa da Imposición da Pañoleta. Os Alcorinos renovamos o noso compromiso co grupo cristián ao que pertencemos e recibimos a pañoleta, personalización ou estrela correspondente. Despois da emoción da celebración, tivemos unha “xincana” polo patio onde nos divertimos superando diferentes probas. Con isto pechamos un curso atípico onde botamos de menos saídas, campamentos… pero o que nunca botamos en falta é o noso compromiso por seguir creando un mundo mellor.

O Nadal de Alcor

Queridos veciños do xeriátrico, aínda que este ano estamos distanciados fisicamente seguides estando presentes nos nosos proxectos de ALCOR e nas nosas ilusións, por iso este curso máis que nunca estaremos sempre pendentes de vós, porque un pequeno xesto fainos medrar en solidariedade e como persoas. Gracias por ensinarnos a seguir vivindo con ilusión sempre e polos doces recibidos. 

Alcor dende a casa

O grupo Alcor botamos moito de menos os momentos que compartimos xuntos visitando aos avós, dormindo no cole, xogando, levando a cabo distintas actividades solidarias…  Pero non perdemos a nosa esencia e seguimos axudando dende a casa aos nosos avós, irmáns, pais, nais e sobre todo animando. Temos ganas de voltar e retomaremos con máis forza que nunca.

Dormida de Alcor

O grupo Alcor ESO tivo o xoves pasado unha cita onde compartimos sorrisos, deberes, ilusión, xogos, almofadas e moita maxia. Pasamos a tarde descubrindo as pistas dunha xincana polas rúas de Noia, tivemos un tempo de xogo e tamén de reflexión, pero sobre todo tivemos a oportunidade de fortalecer vínculos co grupo ao que pertencemos.

Imposición da pañoleta de Alcor

O pasado xoves 30 de maio celebramos a tradicional festa da imposición da pañoleta do grupo Alcor. Os membros deste grupo cristián recibiron a pañoleta, personalización ou estrela, dependendo do tempo de pertenza ao grupo. Pechamos a ceremonia cunha pequena merenda coas familias. Para rematar a xornada, realizamos unha camiñata ata a Praia das Gaviotas, na que desfrutamos dunha xornada de convivencia, xogos e bos momentos.


Ver máis imaxes:
Leer más

O seu SÍ é o noso SÍ!

Esta semana celebramos o día de María, co nome de Inmaculada. Unha tradición que se repite ano tras ano, non só nos 21 colexios de España que formamos parte da Fundación Educativa Jesuitinas, senón tamén naqueles lugares nos que está presente a Fundación, así como as Fillas de Xesús. Son moitos os alumnos que cantan hoxe e cantaron o Mil Albricias, que non é outra cousa que expresar que estamos contentos por pertencer a unha gran familia.

Desta maneira, enREDámonos na alegría da Nai Cándida, que escolleu o día da Inmaculada Concepción para o nacemento dun proxecto que hoxe nos une a todos. Cheos de alegría dixemos SI a acoller todo ese soño por medio dunha Celebración da Palabra. Houbo momentos moi emotivos como a procesión adicada a María e o canto do Mil Albricias interpretado por todo o Colexio. Rematado o acto, toda a Comunidade Educativa puidemos compartir unha chocolatada que contou cunha grande participación.

Imposición da pañoleta de Alcor

O pasado mércores 30 de maio celebramos a tradicional festa da imposición da pañoleta do grupo Alcor. Os membros deste grupo cristián recibiron a pañoleta, personalización ou estrela, dependendo do tempo de pertenza ao grupo. Cerramos a ceremonia cunha pequena merenda coas familias. Para rematar a xornada, realizamos unha camiñata ata a praia das Gaviotas, na que desfrutamos dunha xornada de convivencia, xogos e bos momentos.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Día da Nai

O Día da Nai é unha festividade que se celebra en honor as nais de todo o mundo e que naceu alo polo 1865 como unha reunión onde as propias nais de cada familia intercambiaban opinións acerca de diversos temas.

Dende Alcor queremos facervos chegar vídeos creados polos propios rapaces onde se mostra con innovación e talento os sentimentos que temos acerca das nosas nais e acerca dos nosos seres queridos dende unha perspectiva intima e familiar.

Dende Alcor queremos ensalzar a empatía, o amor e a xenerosidade a través de este día tan especial.

Convivencia de ALCOR

A semana pasada algúns membros de ALCOR puideron desfrutar dunha convivencia na Fontiña con outros compañeiros de ALCOR Vigo. Durante os tres días non tiveron tempo para o aburrimento debido en gran medida as actividades organizadas presentes no privilexiado lugar.
Durante o primeiro día os nenos coñeceron aos compañeiros chegados do outro centro de Vigo, todos xuntos compartiron xogos e degustaron unha cea no recinto o aire libre na que intercambiaron impresións.
A segunda xornada estivo cargada de emocións nas que todos sen excepcións desfrutaron a primeira hora da maña da paixón pola velocidade nun circuíto de karts profesional. A segunda actividade foi un paseo en canoa no que mostraron a súas habilidades cos remos. Por último e para pechar o ciclo de actividades os nenos completaron un percorrido de minigolf no que algúns mostraron gran destreza cos paus.
O terceiro e último día das xornadas comezou cun sol radiante que fixo posible unha camiñata a “O Morro” durante a mañá, onde os nenos contemplaron a beleza do enclave xeográfico. Antes da volta á casa os integrantes de ALCOR participaron en xogos populares por equipos que foron o preludio á comida de despedida.
Durante esta convivencia os nenos potenciaron os valores sociais, a resolución de conflitos, o traballo cooperativo, a solidariedade e a igualdade de xénero. Fortaleceron os seus lazos de unión do grupo de Noia e Vigo e desfrutaron de experiencias de contacto coa natureza e de relación con Xesús.