Trabalinguas – Virelangue – Tongue Twister – Trabalenguas

O idioma pódese traballar e practicar dende moitas perspectivas e de moitos xeitos, e dende o Equipo de Plurilingüismo sempre estamos a buscar maneiras divertidas e amenas que involucren e motiven aos nosos alumnos a practicalo tanto en francés coma en inglés. O curso pasado fixémolo a través de adiviñas baseadas na temática do tempo e relacionadas coas estacións, e este ano pensamos en comezar cos trabalinguas e aí van! Animádevos a intentalo, é moi divertido!

Acto de entrega dos diplomas de Cambridge

O mércores 15 de decembro foi un día moi especial para todos os alumnos que no pasado mes de xuño se presentaron aos exames de inglés. No polideportivo do Colexio tivo lugar o acto de entrega dos diplomas de Cambridge ao que asistiron alumnos e familiares.

StartersMoversFlyersKey for schools e Preliminary for schools: 5 niveis polos que os nosos alumnos van avanzando dende Primaria ata a ESO na súa aprendizaxe da lingua inglesa. Conseguir estas titulacións é unha gran motivación para eles e estamos todos moi orgullosos do seu esforzo. Parabéns a todos por este logro!! Congratulations!!

O noso Colexio quere seguir promovendo a aprendizaxe de linguas estranxeiras e a súa acreditación. Animamos a todos os alumnos a aproveitar esta oportunidade para conseguir un diploma que lles axudará tanto academicamente coma no seu futuro profesional.

Leer más

S’il vous plaît, dessine-moi un mouton (4º EP)

Os alumnos de 4º EP tivemos por misión neste mes de decembro debuxarlle unha ovella ao Petit Prince. Despois de descubrir este personaxe tan famoso, intentar describilo coas nosas propias palabras en francés e traducir frases sinxelas que narraban a súa aventura, pasamos a crear a nosa ovella. Empregamos material moi diverso: perexil, cereais, algodón… Pero, para poder utilizalo, había que pedilo en francés!!! E para rematar este pequeno proxecto, tivemos que presentar a nosa ovella e explicar con que material a fixemos. Explicámonos moi ben: escoitade os nosos vídeos!!

Leer más

La BD en 6e

Vignettes, bulles, récitatifs, personnages, dessins, onomatopées… A que vos soan estas palabras? Claro! Ao cómic! En francés, la BD (bande dessinée = banda deseñada).
Os alumnos de 6ºEP lanzáronse na creación da páxina dun cómic para traballar a descrición das accións cotiás na lingua francesa. O resultado é magnífico: estes rapaces teñen moita imaxinación e son uns artistas no debuxo dixital!

Audioconto en francés

As alumnas de Francés de 4ºESO prepararon un audiolibro en francés sobre o conto da Carapuchiña Vermella (Le Petit Chaperon Rouge). Este traballo realizárono dentro do proxecto de comprensión Como o digo (Comment le dire): un proxecto interdisciplinar no que se traballa a expresión oral en varias linguas e en materias diferentes.

Gravaron e ilustraron o conto para presentarllo aos alumnos de 3º e 4º EP: un público moi esixente que avaliou ao final o audioconto mediante un cuestionario online. Tamén puideron falar coas autoras e felicitalas a través dunha videoconferencia por Zoom.