Crea paz coa túa mirada

Un ano máis, aínda que de maneira virtual, reunímonos todos para celebrar o día da Paz e non violencia na Escola. Facémolo o máis preto do día 30 de xaneiro, en memoria do home da Paz: Mahatma Gandhi, que adicou a súa vida a conseguir un mundo máis xusto.
Ano tras ano, os alumnos, xunto cos profesores e familias, imos construíndo un mundo máis pacífico, pero hoxe, moitos conflitos nos seguen a falar dun mundo necesitado de paz. Un mundo necesitado de amor, onde as pelexas e riñas están á orde do día.
Un mundo necesitado de diálogo de comprensión, de tolerancia… no que desapareza o terrorismo, os malos tratos e as situacións violentas.
Hoxe non queremos mirar para outro lado, queremos ser conscientes do importante que é a nosa implicación neste asunto tan importante.
Se desde pequenos aprendemos a vivir e a convivir en paz, solucionamos os pequenos conflitos de cada día por medio da escoita, o diálogo, a comprensión e o amor, poderemos seguir medrando interiorizando eses valores e así poder convertirnos en adultos pacíficos.
Os alumnos do Colexio Maria Assumpta estivemos traballando estes días sobre todos estes valores pacíficos, pois queremos facer un mundo máis xusto e humano, que permita a todos os nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades para desenvolverse: que ningún neno nin nena sexa discriminado, que sempre teña un amigo con quen xogar, un apoio cando estea triste e unha mirada onde apoiarse. Aquí vos deixamos unha pequena mostra de todo o que fixemos.

Leer más

A constancia é a chave do éxito

En Técnicas de Estudo sabemos moi ben o que significa este título. Durante este 2° trimestre aumentamos dúas marchas para coller forza de cara ao seguinte nivel. Os alumnos de 5° e 6° de Educación Primaria estiveron traballando no exercicio da memoria visual, verbal e asociativa. Cunha serie de trucos chamados “Mnemotecnia” foron descubrindo que aprender pode ser moi divertido, e vaia se o foi! Como se dunha competición se tratara tivemos adestramentos de comprensión e velocidade lectora que resultaron moi produtivos. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do vivido. Ata pronto!

Ceremonia da entrega de diplomas dos exames de Cambridge

Todo esforzo ten a súa recompensa, e onte pola tarde puidémolo comprobar. Máis de 60 alumnos recolleron a súa recompensa tras o esforzo que fixeron o curso pasado de prepararse para os exames oficiais de Cambridge Assesment English. Alumnos de diferentes niveis (pre-A1, A1, A2 e B1) recibiron o seu diploma e máis un pequeno agasallo das mans do Centro Británico (centro examinador oficial de Cambridge). Parabéns a todos/as!

Robótica

Este curso demos comezo a unha nova actividade extraescolar: “Programación e robótica”. Os nosos nenos empezaron cunha rutina de pensamento (vexo, penso, pregúntome) a través do robot Escornabot e tamén investigaron sobre o seu funcionamento. En grupos de tres convertíronse en robots e enxeñeiros que tiñan que poñer en práctica diferentes misións. Esto aínda é o principio do camiño que nos vai facer descubrir novos retos en robótica.

Acto de peche da Catequese Familiar

Esta semana tivemos o peche de Catequese Familiar cun acto moi emotivo na Capela do Colexio. Familias e catequistas puidemos poñer un punto e seguido á preparación para a Comuñón reafirmando os nosos compromisos de seguir enREDados no estilo de vida de Xesús. Despois da entrega de diplomas e dos agradecementos por ter a posibilidade de poder vivir esta preparación en familia, tivemos unha pequena merenda que disfrutamos, como non, xogando en familia. Unha vez máis, grazas a todas as familias que decidístedes contar con nós para preparar este momento tan importante. Xuntos, seguimos facendo camiño!

Información dos exames de Cambridge

Como en anos anteriores sobre estas datas, enviamos a información da convocatoria para realizar os Exames de Cambridge no noso colexio.

Para os niveis KET (A2) e PET (B1) sempre e cando haxa un número mínimo de alumnos/as.

Animámosvos a que os vosos fillos/as se presenten porque cremos que é importante ofrecerlles a oportunidade de familiarizarse cos exames internacionais de idiomas e que comecen a ser avaliados cos criterios internacionais. Se queredes máis información sobre os exames ou vos xorden dúbidas, podedes preguntar aos profesores de inglés dos vosos fillos ou consultar directamente a páxina oficial de Cambridge English www.cambridgeenglish.org.

DATA: 1 DE XUÑO (SÁBADO)
LUGAR: COLEXIO Mª ASSUMPTA
CENTRO EXAMINADOR: EL CENTRO BRITÁNICO

NIVEL:

  • YLE Starters: De 7 a 13 anos (+/- 2º E.P.)
  • YLE Movers: De 7 a 13 anos (+/- 4º E.P.)
  • YLE Flyers: De 7 a 13 anos (+/- 6º E.P.)

NIVEL (ESO):

  • KET (A2)
  • PET (B1)

 

Actividade extraescolar xadrez na aula

Os alumn@s de E.I. e 1º e 2º de E.P. tivemos como actividade extraescolar “Xadrez na aula”. Unha actividade moi divertida na que ó longo do curso aprendemos moitas cousas a travės do libro, dos xogos no taboleiro xigante, cos disfraces, manualidades, cancións e as historias dos personaxes de Vainilla e Chocolate que xa son como da familia. Pero non sirveu soamente para iniciarnos no xadrez, tamén aprendemos moitos valores como compartir, respectar e sobre todo disfrutar xogando en equipo. Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades todo o que fixemos.