Día da Biblioteca

Queres saber si eres un bo lector? Descúbreo contestando a estas dez preguntas:

  1. Disfrutas lendo?
  2. Coidas os libros?
  3. Falas sobre libros?
  4. Les con soltura?
  5. Pensas cando les?
  6. Fas preguntas?
  7. Usas estratexias de lectura?
  8. Compartes libros?
  9. O primeiro que visitas nuns grandes almacéns é a Sección de Librería?
  10. Gústache que che regalen libros o día do teu aniversario?

Se case todas as túas respostas son afirmativas é que eres un estupendo lector. Noraboa!!!

E agora máis difícil todavía, sabrías respostar a estas cuestións sen mirar as solucións?

Cando se celebra o Día da Biblioteca?

Desde cando?

Por iniciativa de quen naceu este día?

Con que obxectivo?

Leer más

Día das Escritoras

A Biblioteca Nacional de España celebra a quinta edición do Día das Escritoras.
Cal é o obxetivo? Reivindicar a labor e o legado das escritoras ao longo da historia.

Cal é a data elexida? O 19 de outubro de 2020 (o luns máis cercano á festividade de Santa Teresa de Xesús, que se conmemora o 15 de outubro).

E a todas elas dedicámoslle unha cita de Neil Gaiman: “Escribe. Termina lo que escribes. Sigue escribiendo”.

¡Grazas polo voso legado!

Propostas lectoras para o Día Mundial dos Océanos

Hoxe é o Día Mundial dos Océanos e estas son as nosas propostas para celebralo.
En decembro de 2008 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas resolveu que a partir de 2009, cada 8 de xuño se celebraría o Día Mundial dos Océanos. Esta conmemoración ten como propósito concienciar á opinión pública sobre as consecuencias que a actividade humana ten para os océanos e poñer en marcha un movemento mundial cidadán a favor da xestión sostible destes, xa que son unha fonte importante de alimentos e medicinas e unha parte esencial da biosfera.

Como di Ana Pêgo, autora do libro Plasticus maritimus. Unha especie invasora, “cada hora que pasa, mil toneladas de plástico van parar aos océanos, o equivalente a un camión cheo de plástico, por minuto! Xa é tempo de facermos algunha cousa.”
Plasticus maritimus. Unha especie invasora vén de ser publicado en galego por Kalandraka. Escrito por Ana Pêgo e Isabel Minhós Martins está ilustrado por Bernardo P. Carvalho. A tradución correu a cargo de Celia Recarey.
O libro contén información sobre a relación entre o plástico e os océanos. Tamén conta cunha guía para preparar visitas á praia para recoller e analizar exemplares do plasticus maritimus, co fin de alertar sobre as consecuencias do plástico na vida do planeta e a necesidade de erradicar o seu uso para preservar o ecosistema mariño.

Se os peores prognósticos se cumprisen, en 2050 o peso do plástico nos océanos superaría o dos propios peixes, por iso na novela de Rosa Aneiros Xelís, o guieiro das botellas de mar o protagonista, xunto co mascato Mult, Ilva e o avó Jonás, emprende a afanosa tarefa de atrapar a illa de plástico para evitar a desfeita ecolóxica do planeta.
Con ilustracións de Andrés Meixide, a obra de Rosa Aneiros acadou en 2019 o Premio Merlín de Literatura Infantil e entrou na Lista de Honra da OEPLI.

DESFRUTADE DESTAS EXPERIENCIAS!

Día das Letras Galegas

Como tódolos anos o 17 de maio celébrase en Galicia o Día das Letras Galegas, celebración que busca homenaxear a persoas que destacaron polo aporte literario no idioma galego. Dende 1963 a Real Academia Galega adica esta celebración a unha personalidade diferente e este ano o escritor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero, nacido en Ferrol no ano 1910 e que faleceu en Santiago de Compostela no ano 1990, é sen dúbida unha das figuras máis importantes da cultura galega do século XX, en especial pola súa contribución ao estudo da literatura galega, polo maxisterio que exerceu como primeiro profesor e catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega e pola influencia que atinxiron as súas ideas sobre o idioma galego.

Do seu traballo literario cómpre destacar a súa extensa obra de poesía (O silenzo axionllado, Anxo de terra, Poemas pendurados de un cabelo, Salterio de Fingoy), novela (A xente da Barreira, Scórpio), teatro (Catro pezas, Teatro completo), así como no campo da crítica literaria e no da lingüística galega. Un dos seus libros máis famosos para os nenos e nenas é As pitas baixo a choiva. Neste libro Ricardo conta unha cousa que lle pasou de pequeno cando quería recoller as galiñas que se mollaban coa choiva e acabaron todos mollados como pitos: as galiñas, él e toda a súa familia.

Este ano, debido ó estado de alarma sanitario, a celebración adíase por primeira vez na historia ó día 31 de outubro, o día seguinte ó 110 aniversario do nacemento do homenaxeado.

Día Mundial do Libro

Xa chegou o 23 de abril!! Xa está aquí o Día Mundial do libro!!

Pero… sabíades que a lectura é un hábito moi saudable? Ademais do valor dos contidos que aprendemos, o propio feito de ler exercita a nosa mente, e en certa medida, ata é un estímulo para o noso organismo.

Cando lemos melloramos o noso nivel de axilidade mental, enriquecemos vocabulario, adestramos a nosa capacidade de concentración e comprensión, e aumentamos os nosos coñecementos. Ademais, a lectura relaxa e é moi eficaz para reducir a tensión, tanto a nivel mental como físico.

A qué estás esperando para coller un libro e celebrar por todo o alto este gran día?
Dende a Biblioteca escolar queremos lembrar ao escritor galego Manuel Gago quen apoia que ler fainos únicos, porque ninguén le o mesmo libro, xa que os libros fálannos distinto a cada un de nós.

Por último, despedirnos cunha evocadora afirmación deste gran escritor que non debedes esquecer:

“Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín”

Nun día como hoxe, esperamos que todos os sentimentos positivos entren polas fiestras de tódalas casas para compañar as nosas lecturas!!!

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

Día do Libro

Hola aventureir@s:
Como ben sabedes hoxe 23 de abril celébrase o Día do Libro. O Equipo da Biblioteca Escolar queremos compartir con vós este vídeo elaborado por Escolas Católicas para conmemorar este día tan especial.
E ti, xa decidiches que aventura vas a vivir hoxe?
Non esquenzas que “un libro é un agasallo que se pode abrir unha e outra vez”. (Garrison Keilor)
DESFRUTADE DESTE DÍA!

Día do Libro: cita cos escritores favoritos

Como xa sabedes, mañá celébrase o Día do Libro e que mellor maneira que vivilo en directo e dende a casa, xunto aos teus autores favoritos!

Familias marcade o xoves 23 nas vosas axendas, porque haberá durante todo o día directos cos vosos escritores e escritoras favoritos. Teredes a oportunidade de seguilos a través da páxina web planetadelibros.com.

Podedes consultar tódolos horarios para non perdervos a ningún. E estade moi atentos porque haberá un montón de actividades preparadas para sorprendervos.

Este 23 de abril celebrámolo na casa, pero recordade que volverán os libros e volverán as rosas!

Vémonos pronto!!!