11 de novembro, Día das Librarías

Despois de dez edicións, o 11 de novembro celébrase o Día das Librarías, promovido por CEGAL e a Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte. En Galicia está incluída no Calendario do Libro e a Lectura e conta co apoio da Federación de Librarías de Galicia.

Este é un bo ano para apoiar, unha vez máis, as librarías de proximidade, espazos que van máis alá da venda de libros, transformándose en motores culturais da comunidade. Librarías con profesionais que entenden a literatura como algo non supeditado ás modas. Libreiros e libreiras que consiguen o imposible, que nos axudan a conformar unha colección rigorosa nas nosas bibliotecas. Librarías que son espazos de acubillo para o alumnado e familias, con múltiples actividades compartidas.

Día das escritoras

Onte conmemorouse o día das escritoras, dende a nosa Biblioteca queremos dar visibilidade á obra das escritoras galegas.”Vou ser vella. De nena quédame pouco. Oínllelo decir ás miñas tías: “¡Como pasa o tempo! Nun visto e non visto, agora a nena logo se ha facer muller. ¿Que lle poden quedar? ¿Un ano, ou dous? E parece que foi onte cando naceu, coma se fose onte…” Si. É terrible. Converterse en muller é converterse en adulto. Certamente recoñezo que non teño présa ningunha. Ademais, paréceme bastante perigoso ser adulto.” Xela Arias “Non te amola!” (Editorial Galaxia) #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras 

Biblioverán 2021

Mergúllate… nun mar de libros

Xa comezan as vacacións de verán, tempo de descanso e desconexión.
Praia, monte, xardíns, alameda, cidade… O importante é cobrar forzas logo dun duro curso. Pero non esquezas que a nosa mente é inqueda e que sempre está a procura de AVENTURAS que vivir. Non importa onde estés. Debaixo dun parasol, un día moi caluroso; no balcón nunha noite estrelada; no xardín baixo unha árbore; na casa nun día de choiva… Todas elas son unha perfecta ocasión para disfrutar dunha boa lectura, dunha boa película, dunha fantástica visita ao museo…
Desde a biblioteca do cole querémosvos ofrecer un listado de lecturas que vos fagan vivir mil e unha aventuras…
Velaí vai!

23 de abril, Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor

Talvez é ler un diamante de mil caras, un mar sen varandas.

Elvira Ribeiro

Achégase a celebración do día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, unha celebración para promover o disfrute dos libros e da lectura. Cada 23 de abril sucédanse actos por todo o mundo para dar a coñecer o poder máxico dos libros -un nexo entre pasado e o futuro, unha ponte entre xeneracións e distintas culturas.

Os libros teñen esa capacidade única para entreternos, instruirnos e ser, á súa vez, o instrumento que serve para saír dun mesmo e encontrarse cun autor, unha autora, un universo ou unha cultura, e de ofrecer un tempo para sumerxirse máis profundamente nun mesmo.

Audry Azoulay (Directora Xeral da UNESCO)

Día da Poesía

¿Qué es poesía? Dices mientras clavas
en mi pupila tu pupila azul.
¿Qué es poesía? ¿Y tú me lo preguntas?
Poesía… eres tú.

– Gustavo Adolfo Bécquer –


A que xa acertastes que estamos a celebrar esta semana? Pois si, cada 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía.
Desde a Biblioteca Escolar, e coa colaboración do departamento de linguas e do equipo docente, propuxemos algunhas actividades para esta celebración tan especial para nós.
Así que… cantamos poesía, bailamos poesía, recitamos poesía, escribimos poesía, escoitamos poesía, DESFRUTAMOS DA POESÍA! E, para mostra, mirade que ben o pasamos…

Leer más

Día de Rosalía

Hoxe celébrase o Día de Rosalía. E, ¿por que esta data? Por ser o día do nacemento da nosa gran poetisa Rosalía De Castro.

Desde a Biblioteca Escolar Maribel Pardavila, en colaboración co Equipo de Normalización e o profesorado de Lingua Galega e Literatura do noso Centro, quixemos achegar, unha vez máis, a figura da nosa ilustre poetisa ao alumnado de todas as etapas así como á Comunidade Educativa, quen, desde os seus fogares, participaron na nosa iniciativa. Graciñas a todos e todas!

Deixámosvos cun dos fermosos poemas de Rosalía. Disfrutádeo!

Cantarte hei, Galicia

Cantarte hei, Galicia,

teus dulces cantares,

que así mo pediron

na veira do mare.

Cantarte hei, Galicia,

na lengua gallega,

consolo dos males,

alívio das penas.

                     (“Cantares gallegos”) 

Leer más

Día da Muller e da Nena na Ciencia

Cantas mulleres científicas coñeces? Podes citar a lo menos 5 inventos creados por mulleres? Sabias que a WiFi, o limpiaparabrisas ou o primeiro programa informático escrito foron obra de mulleres?
O 11 de febreiro celébrase o Día da Muller e da Nena na Ciencia, para poñer en relevancia o papel de moitas mulleres ás que, precisamente por ser mulleres, negóuselles o recoñecemento e, incluso, a autoría de importantes descubrimentos científicos.
O equipo da biblioteca xunto co departamento de ciencias levou a cabo unha serie de actividades para conmemorar este día.
Grazas a todos e todas pola vosa participación.

Leer más