Libros de texto e material 2021-2022

Listaxes dos libros de texto e material para o vindeiro curso 2021-2022:

4º E. Infantil

5º E. Infantil

6º E. Infantil

1º E. Primaria

2º E. Primaria

3º E. Primaria

4º E. Primaria

5º E. Primaria

6º E. Primaria

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO


AVISO (09/07/2021) :: Vales das axudas para adquisición de libros (1º e 2º EP) e material escolar (Primaria e ESO)

Xa están dispoñibles os vales das axudas para adquisición de libros (só 1º e 2º Primaria) e material escolar (1º a 6º de Primaria, e 1º a 4º ESO do alumnado que non teña materias que recuperar en setembro). Poderanos recoller na portería do centro durante o mes de xullo de 09:00 a 14:00 aquelas familias que fixesen constar na reserva interna que non comprarán os libros ou o material no colexio. Aconsellamos poñerse previamente en contacto co centro para saber se estas axudas lle foron concedidas.

Fondo solidario de libros, e axudas para adquisición de libros e material para o curso 2021-2022

O pasado 20 de maio saiu publicada no DOG a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B). Acceso á Orde completa neste enlace.

NON SE PODERÁ TRAMITAR NINGUNHA SOLICITUDE QUE NON ESTEA TOTALMENTE CUBERTA, ASINADA E ACOMPAÑADA DO LIBRO DE FAMILIA COMPLETO

Dentro desta convocatoria recóllense tres tipos de axuda nunha mesma solicitude:

  1. O préstamo de libros de texto do fondo solidario constituído no Colexio (para os cursos 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e para 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria).
  2. Axudas para a adquisición de libros de texto (para os cursos 1º e 2º de Ed. Primaria e Educación Especial).
  3. Axudas para a adquisición de material escolar (para Ed. Primaria, ESO e Educación Especial).

O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido con cargo ás axudas no curso escolar 2021/22. Todo o alumnado sen excepción debe devolver os libros do fondo ata o 22 de xuño. O alumnado de ESO con materias suspensas poderá recoller de novo durante a última semana de xuño os libros desas materias e deberá efectuar a devolución deses libros antes do 07 de setembro.

Leer más

Libros de texto e material 2020-2021

Listaxes dos libros de texto e material para o vindeiro curso 2020-2021:

4º E. Infantil

5º E. Infantil

6º E. Infantil

1º E. Primaria

2º E. Primaria

3º E. Primaria

4º E. Primaria

5º E. Primaria

6º E. Primaria

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

 

Axudas de libros e material para Primaria e ESO: xa están dispoñibles no Colexio os vales para a adquisición de libros e material de todos aqueles solicitantes aos que lles fose concedida a axuda e que na reserva interna indicasen que non mercarían os libros e material na librería do Colexio, os vales do alumnado da ESO con materias pendentes para setembro non se poderán xerar ata o día de entrega de notas. Poderanse recoller durante o mes de xullo de 09:00 a 14:00.

Para o alumnado que indicase que compraría os libros e material no Colexio, os vales estarán na librería os días de venda (os vales do alumnado da ESO con materias pendentes para setembro non se poderán xerar ata o día de entrega de notas).

Axudas do Concello de Noia para adquisición de libros de texto e material

O Concello de Noia vén de publicar as bases da convocatoria das axudas para adquisición de libros de texto e material didáctico e para o financiamento do servizo de comedor escolar para educación infantil e primaria, durante o curso académico 2020-2021, para todas aquelas familias empadroadas e escolarizadas en Noia nas etapas de Educación Infantil ou Educación Primaria.

A solicitude preséntase no Concello de Noia, desde hoxe 17 de xullo ata o 31 de xullo de 2020.

A convocatoria completa pódese consultar no BOP da Coruña no seguinte enlace:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/07/16/2020_0000004668.pdf

Para dúbidas e máis información, consultar directamente co Concello de Noia.

Libros de texto e material para o curso 2018-19

Libros de texto, lecturas e material para o curso 2018-19:

ACTUALIZACIÓN IMPORTANTE 19 DE XULLO: modificación no listado de libros de 6º de Infantil, elimínase da lista o libro “Ludileo” de Tekman Books, non se vai empregar este libro o próximo curso. Engadidos ISBN nos libros de “Molalaletra” para 4º, 5º e 6º de Infantil.

ACTUALIZACIÓN 13 DE XULLO: a partir de hoxe pódense recoller nas oficinas do Colexio os vales para a adquisición de libros de texto (só 1º e 2º de Primaria) e material escolar (Primaria e ESO que non teñan materias pendentes para setembro) de todos aqueles solicitantes aos que se lles concedese a axuda e indicasen na reserva interna que non comprarían no Colexio os libros e/ou o material.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2018/2019.

Tipos de axuda e beneficiarios:

– Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO (préstamo de libros de texto).

– Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e EE.

– Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

 

Toda a información oficial neste enlace.

>> Tramitación en liña neste enlace (mediante presentación con certificado dixital ou Chave365, ou imprimindo a solicitude e presentándoa en papel no colexio xunto co resto de documentación) ou ben presentando este impreso cuberto a man no colexio xunto coa fotocopia do libro de familia completo.

 

Axudas do Concello de Noia

O Concello de Noia vén de publicar axudas para adquisición de libros de texto e material didáctico e para o financiamento do servizo de comedor escolar para o alumnado de Educación Infantil e Primaria para o curso académico 2018-2019. Soamente poden ser beneficiarios destas axudas os alumnos empadroados en Noia con 6 meses de antigüidade e escolarizados nun Colexio de Noia para o curso 2018-19 en Educación Infantil e Primaria e que cumpran certos requisitos de renda.

As solicitudes tramítanse no Concello de Noia e o prazo remata o 10 de xuño.

Información da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia aquí.