Acto de peche da Catequese Familiar

Nun curso atípico, raro e diferente comezaba no mes de outubro a preparación para a Primeira Comunión. Os pais e nais cumpriron o seu rol de catequistas e acompañaron con adicación aos seus fillos e fillas neste  novo camiño da fe. Grazas por todos o momentos compartidos e porque a pesar de todo conseguimos seguir “conectados” e CREAndo camiños.
Parabéns e moitas felicidades para aqueles que celebrarán nestes meses o sacramento da Eucaristía!!

Aniversario de Santa Cándida

O pasado venres celebramos o aniversario da nosa Fundadora, Santa Cándida María de Xesús. Seguindo todas as medidas sanitarias puidemos desfrutar dunha xornada de xogos virtuais, sesións de zumba organizadas polos alumnos, música, diversión e algunha que outra sorpresa, tanto na aula coma no patio.

Comezabamos a xornada cunha Celebración da Palabra adicada á Nai Cándida. Os alumnos de Infantil fixeron unha pequena procesión con ofrendas para felicitala e os maiores prepararon un baile moi bonito para ela. Repasamos todo o que foi o noso camiño, fixemos balance de todo o aprendido e de como nos sentimos durante este atípico curso. Tamén quixemos dar grazas por poder pasar esta xornada xuntos e poder vivir a celebración coa presencia das familias, aínda que fose de maneira telemática.

Leer más

Ti énchelos de esperanza

Este ano a campaña FASFI chegou cargada de enerxía e esperanza. O 27 de abril, como xa é tradicional, celebramos o día FASFI na escola. Este día escolleuse debido á adicación de Antoñita Bandrés á vida das Fillas de Xesús e, na súa honra, todos os colexios da Fundación Educativa Jesuitinas festexamos este día que tantos valores promove.

Como xa vimos sabendo, a COVID está a deixar moita pobreza a nivel mundial, pero sobre todo, nestes casos, os que máis seguen a sufrir son os lugares menos favorecidos do mundo. Está previsto que entre 110 e 150 millóns de persoas a escala global non dispoñan de máis de 2 dólares ao día para poder sobrevivir. A pregunta que nos vén á mente é clara, que podemos facer nós polos demais? Como podemos enchelos de enerxía?

Para isto, a FASFI presta a súa axuda tamén a través de nós, de toda a Comunidade Educativa, que nesta ocasión puidemos colaborar nos seus proxectos a través da Camiseta Solidaria e mediante a realización das Carreiras Solidarias na aula e en familia.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do vivido neste día de ESPERANZA e SOLIDARIEDADE cos que máis nos necesitan. Moitas grazas pola vosa colaboración!

Crea o teu propio camiño

Hoxe reunímonos a Comunidade Educativa para vivir unha celebración moi especial, a celebración da Pascua, na que con alegría celebramos a resurrección de Xesús, a súa paz, o seu inmenso amor, a súa vida que é a nosa vida, hoxe máis ca nunca está con nós, coa súa Igrexa.
Para chegar ata este momento tivemos que percorrer o camiño da Coresma, lembrades?  40 días camiñando…Onde tivemos a ocasión de descubrir os diferentes sendeiros polos que nos leva a VIDA, pero tamén a descubrir un pouco máis sobre o propio camiño de cada un. Ás veces, o camiño non é doado, hay dificultades, hay alegrías, pero tamén tristezas, no camiño vivimos moitas emocións; pero o mellor de todo é poder ter un camiño no que esteamos acompañados.
Onte, coma hoxe, a persoa de Xesús segue a ser o camiño polo que transitar, a verdade feita valores polos que paga a pena apostar, a VIDA que nos fai persoas máis plenas e cheas de sentido. Neste camiño pascual que estamos a comezar, queriamos agradecer o traballo de toda a Comunidade Educativa que sempre nos acompaña; pero adicar especialmente esta celebración a todo o alumnado, que se segue a esforzar día a día para mellorar os seus camiños, e que fan que os nosos camiños estén cheos de alegría e ilusión. Aquí vos deixamos un pequeno vídeo do vivido. FELIZ PASCUA!!!

San Valentín solidario

O Día de San Valentín é unha festividade de orixe Cristiana que se celebra todos os 14 de febreiro como conmemoración das boas obras realizadas por San Valentín de Roma, que están relacionadas co concepto do amor, amizade, afectividade. No cole tamén quixemos celebrar este día dunha forma solidaria, recadando cacao para Cáritas (o cacao aínda se pode traer durante todo o mes de febreiro) e en harmonía coa Laudato Si’, de forma que cada neno e nena expresou os seu cariño e amizade dunha forma moi orixinal e cun enorme respecto e compromiso coa casa común. Mirade as nosas fotos, desexamos que vos gusten. 

Leer más

Unha catequese diferente

Este curso, a pesar das circunstancias que nos tocaron vivir, non queriamos perder a ocasión de seguir formando aos nosos alumnos na preparación da Catequese, pois para nós é un proceso moi especial. Con todas as medidas sanitarias e con moita ilusión seguimos formando equipo, cos nosos alumnos desde o colexio, e cos pais de maneira telemática. Polo que os obxectivos de traballo propostos estanse a acadar con normalidade. Quédanos a pena de non poder realizar as tradicionais convivencias todos xuntos en persoa, pero estamos seguros de que eses bonitos tempos voltarán. Mentres agardamos, aquí vos deixamos algunha imaxe de como imos traballando.

Leer más

12 meses, 12 experiencias

Este mes de xaneiro comezamos un novo camiño uníndonos a “12 MESES, 12 EXPERIENCIAS”, un dos proxectos do Ano Xubilar proposto polas Fillas de Xesús para celebrar, o 8 de decembro deste ano, o 150 aniversario da fundación da Congregación.Este proxecto ten como obxectivo axudar a Fillas de Xesús, a laicos, á xuventude e aos nenos a reflexionar cada mes sobre un trazo específico da da Nai Cándida. Trátase de profundizar máis, coñecer mellor e axudar a vivir na realidade de hoxe, segundo as súas intuicións e ensinanzas. Por iso, este proxecto ten dúas partes:

Leer más