Formación en ABP para ESO e CF

Os profesores da ESO e CF iniciamos o curso formándonos en ABP (Aprendizaxe Baseada en Proxectos). A especialista María Nimo Piñeiro guiounos neste proceso, e o noso produto final será un programa de TV sobre o Camiño de Santiago, un proxecto interdisciplinar moi ambicioso que tentaremos sacar adiante cos nosos alumnos neste curso 21-22.

Curso Talentos en Acción

O profesorado do Maria Assumpta xa está incorporado de novo coa mesma ilusión de sempre. O profesorado de Primaria comeza o curso coa formación en altas capacidades “Talentos en Acción” cunha autoridade na materia como é Betina Represas.

Graduación 4º ESO 2021

Este curso, unha vez máis, despedimos aos alumnos de 4º de ESO cun emotivo acto de graduación; no que participou todo o profesorado do colexio, os nosos alumnos, e na distancia, a través do noso canal de youtube, as familias. Agradecemos ao Concello de Noia os medios que nos proporcionaron a través do Concelleiro de Cultura, José Pérez, que fixo posible a retransmisión deste acto en directo.

Para nós é unha celebración na que se rende homenaxe ao esforzo de alumnos e de profesores, ao longo de varias etapas educativas en moitos casos, e á confianza que as familias depositaron en nós nestes anos.

Arrancamos cunha peza musical en directo a cargo de profesor e alumna, Manuel García e Nerea Neira; ao longo do acto representantes de pais e nais, de profesores e de alumnos, deixáronnos as súas emocionantes mensaxes de despedida. Igualmente conmovedor foi o vídeo que nos prepararon os alumnos graduados coa axuda do seu profesor, Josema González.

Moi boa sorte a todos e grazas por encher as nosas aulas de vida, traballo e ilusión. No colexio Maria Assumpta sempre seredes benvidos.

Cremos en vós.

Leer más

Axudas do Concello de Noia para adquisición de libros de texto e material

O Concello de Noia vén de publicar as bases da convocatoria das axudas para adquisición de libros de texto e material didáctico e para o financiamento do servizo de comedor escolar para educación infantil e primaria, durante o curso académico 2021-2022, para todas aquelas familias empadroadas e escolarizadas en Noia nas etapas de Educación Infantil ou Educación Primaria.

As solicitudes deberán presentarse no Concello de Noia, correctamente cubertas e coa documentación obrigatoria completa, a través do Rexistro de entrada ou da sede electrónica do Concello de Noia, desde o 17 de xuño ata o 07 de xullo de 2021 (ambos os dous incluídos).

Sinalar que no caso de que as axudas se soliciten para dous ou máis irmáns, deberá presentarse unha solicitude por cada alumno.

A convocatoria completa pódese consultar no BOP da Coruña no seguinte enlace:

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/06/07/2021_0000004775.pdf

Desde aquí se poden descargar os seguintes arquivos:

Para dúbidas e máis información, consultar directamente co Concello de Noia.

Aniversario de Santa Cándida

O pasado venres celebramos o aniversario da nosa Fundadora, Santa Cándida María de Xesús. Seguindo todas as medidas sanitarias puidemos desfrutar dunha xornada de xogos virtuais, sesións de zumba organizadas polos alumnos, música, diversión e algunha que outra sorpresa, tanto na aula coma no patio.

Comezabamos a xornada cunha Celebración da Palabra adicada á Nai Cándida. Os alumnos de Infantil fixeron unha pequena procesión con ofrendas para felicitala e os maiores prepararon un baile moi bonito para ela. Repasamos todo o que foi o noso camiño, fixemos balance de todo o aprendido e de como nos sentimos durante este atípico curso. Tamén quixemos dar grazas por poder pasar esta xornada xuntos e poder vivir a celebración coa presencia das familias, aínda que fose de maneira telemática.

Leer más

Un Nadal de cine

Onte celebramos o Nadal no Colexio cun “acto de cine” a través de Zoom. Xuntos disfrutamos do camiño feito este Advento para chegar ao nacemento de Xesús. Pero, como non podía ser doutra maneira, aproveitamos este emotivo momento para dar as GRAZAS a familias e alumnos por toda a súa labor e colaboración durante o trimestre. A continuación compartimos a mensaxe de agradecemento do director e algúns dos traballos feitos polos alumnos:

Leer más