1º trimestre de Social Science en 1º EP

Ao longo de todo o trimestre, os alumnos de 1º EP estiveron a traballar en dous proxectos de comprensión “My school” e “My home, my family” e neles fixeron fichas, escoitaron cancións e viron vídeos para coñecer o vocabulario, crearon as decoracións e xogaron sinalando nelas o vocabulario e unindo cada obxecto co seu nome, e ademais tamén o crearon con plastilina e o compuxeron en crebacabezas. Aprendemos facendo fichas pero tamén cantando, xogando, construíndo e creando. Unha forma xenial e divertida de aprender!

S’il vous plaît, dessine-moi un mouton (4º EP)

Os alumnos de 4º EP tivemos por misión neste mes de decembro debuxarlle unha ovella ao Petit Prince. Despois de descubrir este personaxe tan famoso, intentar describilo coas nosas propias palabras en francés e traducir frases sinxelas que narraban a súa aventura, pasamos a crear a nosa ovella. Empregamos material moi diverso: perexil, cereais, algodón… Pero, para poder utilizalo, había que pedilo en francés!!! E para rematar este pequeno proxecto, tivemos que presentar a nosa ovella e explicar con que material a fixemos. Explicámonos moi ben: escoitade os nosos vídeos!!

Leer más

Proxectos en 1º de Primaria

Os nenos de 1º de Primaria en Social Science nos proxectos “Where I Live” e “The World Around Us” descubrimos moitas cousas da nosa contorna e aprendemos moito vocabulario en inglés sobre medios de transporte, lugares, profesións, paisaxes… elaborando tamén murais e maquetas. Mirade que ben nos quedaron!

Leer más

La BD en 6e

Vignettes, bulles, récitatifs, personnages, dessins, onomatopées… A que vos soan estas palabras? Claro! Ao cómic! En francés, la BD (bande dessinée = banda deseñada).
Os alumnos de 6ºEP lanzáronse na creación da páxina dun cómic para traballar a descrición das accións cotiás na lingua francesa. O resultado é magnífico: estes rapaces teñen moita imaxinación e son uns artistas no debuxo dixital!