Período de adaptación

Os nenos de 3 anos pasaron estes primeiros días de cole xogando no patio, coa plastilina, coas construcións… tamén experimentaron e disfrutaron da pintura de dedos empregando o seu dediño pintor. Comezamos unha nova viaxe que seguro estará chea de novas aprendizaxes e emocións.

Surcando os mares

Os nenos e nenas de 6º de infantil estivemos “Surcando os Mares”. Aprendemos moitas cousas sobre os animais mariños, profesións do mar, faros, moluscos, corais, esponxas, océanos, aves mariñas… foi unha aventura xenial!!

Graduación dos nenos e nenas de Infantil

Rematamos un curso difícil e complexo pero temos o honor de poder dicir que o conseguimos, que chegamos ao remate acadando o propósito co que comezamos: lograr que todos os rapaces se “graduasen” en Infantil e pasasen a Primaria. E aínda que nos deu moita pena que non puiderades asistir as familias, intentamos todo o colexio que os/as nenos/as tivesen un día diferente como se merece a súa graduación. Como mostra podedes ver as fotos da festa que organizamos para todos eles. Tamén tedes un vídeo cun pequeno resumo do seu percorrido por toda a súa etapa de Infantil. Agora… nenos e nenas, tócavos comezar unha andaina diferente e apaixonante en Primaria. Un bico moi grande das mestras de Infantil.

Leer más

Ruídos dende a Selva

Como verdadeiros exploradores os nenos e nenas de catro anos adentrámonos nunha aventura fascinante “Ruídos dende a Selva” onde aprendemos de todo… situación xeográfica, tribus, animais e vexetación típica da Selva Amazónica.

Unha aventura trepidante!!!

Por que pican as abellas?

Os nenos de 3 anos ao longo deste trimestre coñeceron moitas cousas sobre as abellas. Xa saben que non todas son iguais. Hai unha raíña, obreiras e zánganos e cada unha realiza unha función distinta dentro da colmea. Tamén plantamos flores na nosa horta para que as abelliñas viñeran a recoller néctar e polen e así fabricar rico mel.

Buon giorno Italia!

Os nenos e nenas de catro anos viaxamos a Italia, nesta viaxe coñecemos monumentos moi importantes coma o Coliseo Romano, a Fontana de Trevi… moitas cidades Italianas… gustounos moito Venecia e as súas góndolas. Tamén aprendemos algunhas palabras en Italiano. Foi unha viaxe moi emocionante como podedes comprobar neste vídeo.

A Gran Mazá

Os nenos e nenas de 4º de Infantil rematamos a nosa viaxe por Nova York. Pasámolo xenial visitando a Estatua da Liberdade, paseando por Central Park, viaxando en taxi, contemplando os enormes rañaceos e incluso xogando un partido de béisbol! Oxalá algún día poidamos visitala de verdade!