O Manifesto do Peón

O Equipo de Normalización Lingüística, con motivo da celebración do Magosto e do día do Peón, que tivo lugar o día 11 de novembro, preparou un pequeno vídeo coa a axuda dos alumnos de 2ºB da ESO, onde nos falan do Manifesto do día do Peón, para amenizar dita festividade.

Proxecto Samaín en 4º ESO

Dende a materia de Lingua e Literatura Galega, os alumnos de 4º ESO traballaron no proxecto educativo “O Samaín en Galicia”. Na primeira parte do proxecto investigaron sobre as orixes, duración, crenzas, celebracións e tradicións, e por que hoxe en día celebramos o “Halloween”. A segunda consistiu en elaborar unha historia ficticia relacionada co Samaín, todo foi traballado sobre o formato de Instagram, rede coñecida por todos.

Matrículas de honra

Este curso escolar 20-21 rematou cunha mención moi especial para 4 alumnas do noso colexio. Polo seu sobresaínte rendemento académico na ESO: Celia Gómez Campos e Nerea Neira Sieira, e en Ciclos Formativos: Aldara Crujeiras Iglesias e María del Carmen Queiro Abeijón, recibiron a súa merecidísima Matrícula de Honra. Felicidades e moitos éxitos no voso futuro.

No Colexio Maria Assumpta CREMOS EN TI.

Graduación 4º ESO 2021

Este curso, unha vez máis, despedimos aos alumnos de 4º de ESO cun emotivo acto de graduación; no que participou todo o profesorado do colexio, os nosos alumnos, e na distancia, a través do noso canal de youtube, as familias. Agradecemos ao Concello de Noia os medios que nos proporcionaron a través do Concelleiro de Cultura, José Pérez, que fixo posible a retransmisión deste acto en directo.

Para nós é unha celebración na que se rende homenaxe ao esforzo de alumnos e de profesores, ao longo de varias etapas educativas en moitos casos, e á confianza que as familias depositaron en nós nestes anos.

Arrancamos cunha peza musical en directo a cargo de profesor e alumna, Manuel García e Nerea Neira; ao longo do acto representantes de pais e nais, de profesores e de alumnos, deixáronnos as súas emocionantes mensaxes de despedida. Igualmente conmovedor foi o vídeo que nos prepararon os alumnos graduados coa axuda do seu profesor, Josema González.

Moi boa sorte a todos e grazas por encher as nosas aulas de vida, traballo e ilusión. No colexio Maria Assumpta sempre seredes benvidos.

Cremos en vós.

Leer más

Prácticas Bioloxía en 4º ESO

Rematamos o curso inmersos no laboratorio, preparando os nosos postos de Ciencias, prácticas e decoración que teremos que explicar na aula. Que reacción transcurre no proceso que estamos poñendo en práctica? Cales son os reactivos? Que productos obtemos? E moi divertido facer estes experimentos, pero ollo! Todo o que sucede neles ten que ter unha explicación, e iso é o que nós hemos de comprender.

Audioconto en francés

As alumnas de Francés de 4ºESO prepararon un audiolibro en francés sobre o conto da Carapuchiña Vermella (Le Petit Chaperon Rouge). Este traballo realizárono dentro do proxecto de comprensión Como o digo (Comment le dire): un proxecto interdisciplinar no que se traballa a expresión oral en varias linguas e en materias diferentes.

Gravaron e ilustraron o conto para presentarllo aos alumnos de 3º e 4º EP: un público moi esixente que avaliou ao final o audioconto mediante un cuestionario online. Tamén puideron falar coas autoras e felicitalas a través dunha videoconferencia por Zoom.