O Manifesto do Peón

O Equipo de Normalización Lingüística, con motivo da celebración do Magosto e do día do Peón, que tivo lugar o día 11 de novembro, preparou un pequeno vídeo coa a axuda dos alumnos de 2ºB da ESO, onde nos falan do Manifesto do día do Peón, para amenizar dita festividade.

Magosto e peón no noso colexio

O 11 de novembro é a festividade de San Martiño, por iso celebramos no noso colexio o Día do Peón, pois como ben di o refrán: “Polo San Martiño, trompos ao camiño”. Así é como os fixeron bailar os rapaces de tódalas etapas no patio do colexio, facendo competicións entre eles. Tamén participaron noutros xogos populares como a ra, a chave, as serpes, as damas, os tres en raia… Pero este ambiente festivo estivo acompañado doutra tradición propia deste tempo: O Magosto, na que todos degustamos as ricas e quentiñas castañas que o señor Serafín, un ano máis, ía repartindo con moito cariño. Foi unha xornada moi celebrada e na que o noso alumnado disfrutou moito, ademais tendo en conta que o ano anterior non se puido festexar.

Leer más

11 de novembro, Día das Librarías

Despois de dez edicións, o 11 de novembro celébrase o Día das Librarías, promovido por CEGAL e a Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte. En Galicia está incluída no Calendario do Libro e a Lectura e conta co apoio da Federación de Librarías de Galicia.

Este é un bo ano para apoiar, unha vez máis, as librarías de proximidade, espazos que van máis alá da venda de libros, transformándose en motores culturais da comunidade. Librarías con profesionais que entenden a literatura como algo non supeditado ás modas. Libreiros e libreiras que consiguen o imposible, que nos axudan a conformar unha colección rigorosa nas nosas bibliotecas. Librarías que son espazos de acubillo para o alumnado e familias, con múltiples actividades compartidas.

Celebración do Samaín

Un ano máis chegou o Samaín e por fin puidemos recuperar esta tradición tan nosa e que tanto nos gusta festexar no colexio. Volveron a encherse os nosos xardíns de cabazas decoradas con tanto amor e esmero polos nosos rapaces e familias, deixando voar a imaxinación e convertindo unha simple cabaza nunha carroza, nun Minion, en Harry Potter ou en monstros terribles aptos para unha película de terror de Alfred Hitchcock.

Leer más

Proxecto Samaín en 4º ESO

Dende a materia de Lingua e Literatura Galega, os alumnos de 4º ESO traballaron no proxecto educativo “O Samaín en Galicia”. Na primeira parte do proxecto investigaron sobre as orixes, duración, crenzas, celebracións e tradicións, e por que hoxe en día celebramos o “Halloween”. A segunda consistiu en elaborar unha historia ficticia relacionada co Samaín, todo foi traballado sobre o formato de Instagram, rede coñecida por todos.

Día das Letras Galegas

Os alumnos do Colexio María Assumpta de Noia celebraron con moita ilusión o Día das Letras Galegas a través da plataforma Zoom.

O día 14 de Maio celebramos no colexio o día das Letras Galegas dedicado este ano á escritora, poetisa e tradutora Xela Arias.

Aínda que este ano foi unha xornada diferente marcada polo protocolo e distanciamento social,  todo o alumnado- dende o ciclo de Infantil ata a etapa da ESO-, esperaba este día con gran expectación xa que eran partícipes, plasmando a obra da autora nun vídeo emitido por Zoom destinado á comunidade educativa, sen esquecernos das familias, presentes en todo momento.

Leer más

Día de Rosalía

“Es feliz el que soñando muere. Desgraciado el que muera sin soñar”

Así nos di Rosalía, e así queremos soñar no cole, e que os nosos alumnos tamén soñen coa felicidade como ben recomenda Rosalía de Castro. Por  iso, como cada ano o 24 de febreiro, no colexio conmemoramos o seu día, o Día de Rosalía, unha das escritoras galegas máis representativas da nosa literatura.

Para nós é importante non deixar de conmemorarala, e que todo o alumnado saiba quen é e que coñezan a súa obra, como escribía, como expresaba a pena, a soidade, a melancolía…

Tamén nos gusta recordar como nos presenta nas súas obras as crenzas, as romarías e as personaxes da cultura popular galega.

Para conseguir todo isto, así traballamos o día de Rosalía.

Leer más

As cabazas do Samaín

Este ano por ser tan especial, dende o equipo de Normalización non queriamos deixar de festexar o día do Samaín. Aínda que foi dende a distancia, os nenos e nenas do cole non quixeron confinar ás cabazas deste ano e mandáronnos as súas obras de arte que estiveron facendo na casa. Moitas grazas a todos e sobre todo ás familias.

Leer más

Samaín

Hoxe festexamos o tradicional Samaín e queremos compartir con vós esta pequena historia sobre a súa orixe.

O SAMAÍN

Na noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta, marcando a transición do verán ao inverno. Durante esta noite os druídas (a caste sacerdotal dos celtas) recollían as bagas de acivro cunha fouce de ouro. Acto seguido depositaban esas bagas nun caldeiro ou as tiraban a un manto branco que sostiña outro druída no chan. Despois, esas bagas tan especiais, terían indubidables poderes curativos para o poboado, e para as súas elaboracións “máxicas”.

Uns días antes do ano novo, tiñan lugar innumerables sacrificios animais. Ademais de ter un carácter relixioso, temos que ter en conta unha cousa, que se achega o inverno e hai que empezar a almacenar alimentos para facer fronte aos duros meses que veñen por diante. Estes sacrificios de animais, facíanse co obxectivo de aprovisionarse de carne e de pel para o inverno. Era a súa peculiar “matanza”.

Leer más

Día de Rosalía

“…Vente, rapaza,

Vente meniña

Vente a lavar

No pilón da fontiña

¡Que nena preciosa!

Despois de lavada

Parese unha rosa…”

Así nos falaba Rosalía nun dos seus poemas, e dende o colexio hoxe quixemos renderlle homenaxe este 28 de febreiro preto do día cando ela naceu (24 de febreiro). Rapaces de distintas etapas leron versos das súas obras, interpretaron parte da súa vida e ata un grupiño se animaron a facerlle poemas a ela.

Despois da celebración os nenos e nenas que se quedaron ao comedor puideron degustar o “Caldo de Gloria” feito como ela describiu “coles da miña horta pequena, unto vello e fariña miúda…”

Máis imaxes: Leer más