Benvidos ao Colexio Maria Assumpta

panoramica_ini



 

2015_cartelPortasAbertas_thumb2


>> Solicitude de praza: do 02 ao 23 de marzo. Máis información aquí.

 


Taller de fotografía

NOVAS

20150324_fotografia

Aquí vos deixamos uns exemplos que amosan o que estivemos a facer durante este trimestre no taller de fotografía, no que aprendemos diferentes aspectos da técnica fotográfica: o encuadre, a luz, distancia focal, enfoque, tipos de planos, etc.

Os protagonistas das fotografías son os propios alumnos practicando o retrato, a iluminación e a edición. Agardamos que vos gusten.

[Ver galería de imaxes]

   

Tolos pola ciencia

PRIMARIA

20140315_5EP_laboratorio

Os nenos de 5º de Primaria estamos estudiando “a materia” e decidimos iniciarnos na actividade científica aproximándonos de forma experimental a algunhas cuestión. Todo o que constitúe o universo está formado por materia. O que nos rodea, aquilo co que traballamos ou xogamos, os seres vivos e os materiais inertes, todo é materia.

Leer más: Tolos pola ciencia

   

Teas e tecidos

PRIMARIA

20150324_3-4EP_teasA caloriña da la, a tenrura do algodón, a artesanía do liño, a suavidade da seda… Os tecidos naturais e o coidado na súa elaboración póñennos en contacto coa natureza. Teas e tecidos que nos protexen e acariñan.

Leer más: Teas e tecidos

   

O tempo entre la

ALCOR

20150318_ALCOR_puntoEn Alcor nunca deixamos de buscar actividades que nos poidan axudar a medrar. ¿Sabedes que facer punto favorece a nosa concentración e reláxanos de maneira natural? Neste mundo onde vai todo tan apresa e parece que a única maneira de divertirse e coa electrónica, propoñémonos a volta ao tradicional. Sempre é bo camiñar cara adiante pero sen olvidar costumes e pasatempos que perduran ao longo do tempo porque nos suman algo positivo.

Leer más: O tempo entre la

   

Visita á Granxa Escola de Serantellos

INFANTIL

20150317-18_EI_serantellosOs nenos de Infantil volvemos viaxar, esta vez ata Cambados. Alí, na Granxa Escola de Serantellos, disfrutamos dunha incrible xornada na que, entre outras cousas, puidemos xogar cos animais, alimentalos e descubrir moitas cousas deles. Eran todos moi simpáticos e cariñosos. Tamén fixemos un bolo de pan despois de moer a gra e facer a fariña nós mesmos.

Leer más: Visita á Granxa Escola de Serantellos

   

Proxecto Alumnos observadores

CFGM

20150317_CFGM_observadoresA semana pasada os alumnos do CFGM de Comercio e os de Xestión Administrativa coñeceron de primeira man como é o día día en diferentes tendas e oficinas da vila. Dobraron camisas e pantalóns, etiquetaron roupa da tempada de primavera, fixeron cambios de ofertas, escaparates e incluso pegáronlle á repostería. Aos alumnos de Xestión déronlles nocións sobre contabilidade, arquivo, nóminas, facturación, etc, etc, etc.

Leer más: Proxecto Alumnos observadores

   

AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE INGLÉS

SECRETARÍA

Axudas para a realización de actividades de formación en inglés para a ESO durante o verán de 2015

>> Ver anuncio oficial da convocatoria e información.

>> Ver cartel informativo.

Leer más: AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE INGLÉS

   

Proxecto xeografía de España

PRIMARIA

20150313_6EP_espanaOs alumnos de 6º de Primaria estivemos inmersos estes días nun Proxecto de Aprendizaxe Cooperativa sobre a Xeografía Española, fixemos un percorrido por montes, serras, cordilleiras, golfos, ríos... Aprendemos un montón e divertímonos facendo o traballo.

Leer más: Proxecto xeografía de España

   

Santa Teresa de Xesús

ESO

20150313_4ESO_stateresaOs alumnos de 4º da ESO esta avaliación estudamos a vida e testemuño de Santa Teresa de Xesús, unha muller innovadora e loitadora nisto de cambiar o mundo e dar testemuño do Evanxeo. Este mes, o 28 de marzo, cumpriranse 500 anos do seu nacemento, por iso pensamos que sería bonito facerlle unha bonita homenaxe na nosa clase achegándonos a súa maneira de entender a vida, palabras como constancia, ánimo, amizade, fortaleza, amor, servizo... foron clave no seu día a día, por iso nós tamén queremos facer noso o seu espírito.

Leer más: Santa Teresa de Xesús

   

Prácticas de Bioloxía

ESO

20150310_4ESO_bioloxiaDende construír unha cadena de ADN, facer unha práctica chamada "Neno ou nena, que cara terá?", ou xogar aos detectives para descubrir con distintas probas de ADN ao culpable... Todo é pouco para aprender dun xeito práctico nas clases de Bioloxía.

Leer más: Prácticas de Bioloxía

   

Traballo cooperativo en 1º da ESO

ESO

20150310_1ESO_matematicasComo xa sabedes o noso Colexio aposta polo traballo cooperativo e por potenciar as nove intelixencias en cada un dos nosos alumnos. Dende a clase de matemáticas non podía ser doutro xeito e para que poidades ver unha mostra do noso traballo, aquí vos deixamos unhas fotos onde podedes observar distintas formas de traballar: en grupos de expertos, nos espazos abertos do Colexio, con rutinas de pensamento...

[Ver galería de imaxes]

   

Había unha vez...

INFANTIL

20150306_5EI_circoAsí comeza a historia deste proxecto de 4 anos, onde o circo alegrou o corazón destes pequenos, sempre cheo de ilusión. Onde a función tiña magos, equilibristas, domadores… e mesmo uns pequenos paiasos co nariz colorado.

Leer más: Había unha vez...