Acto de peche da Catequese Familiar

Esta semana tivemos o peche de Catequese Familiar cun acto moi emotivo na Capela do Colexio. Familias e catequistas puidemos poñer un punto e seguido á preparación para a Comuñón reafirmando os nosos compromisos de seguir enREDados no estilo de vida de Xesús. Despois da entrega de diplomas e dos agradecementos por ter a posibilidade de poder vivir esta preparación en familia, tivemos unha pequena merenda que disfrutamos, como non, xogando en familia. Unha vez máis, grazas a todas as familias que decidístedes contar con nós para preparar este momento tan importante. Xuntos, seguimos facendo camiño!

Exhibición do Club Deportivo

Remata maio e con él chegan as celebracións no noso Colexio. Neste caso tivemos a ocasión un ano máis, e xa van 8, de desfrutar da exhibición do Club Deportivo. Máis de 100 deportistas pertencentes a diferentes grupos (Zumba, Patinaxe, Predeporte, Tenis, Xadrez e Fútbol sala) deleitaron ao público coas súas habilidades e destrezas na pista. Todo un éxito que se repite ano tras ano. No vindeiro curso continuaremos apostando forte polo deporte!!


Ver máis imaxes:
Leer más

EnREDados con Elías Piña

Esta semana puxemos fin ás actividades do Proxecto da FASFI co Mercadillo e a Carreira Solidaria que, como cada ano, tiveron unha grande acollida. Xa durante o recreo, os alumnos acudiron a colaborar co seu donativo ao mercadillo, no que puideron adquirir unha variedade de artigos artesanais que, con moito mimo, elaboraron entre mestres e alumnado. Deste mercadillo case non quedou nada sen vender!
No Deporte Solidario, este curso, o alumnado puido desfrutar da compaña das súa familias, que viñeron a animalos desde primeira hora, pasárono xenial! Os máis pequenos de Infantil desfrutaron dun mini circuíto no que puxeron toda a súa ilusión mentres que os de Primaria tiveron que poñer en xogo as súas habilidades para rematar os circuítos con éxito. Na ESO desputaron un torneo no que puxeron en marcha a súas mellores destrezas para superar e conseguir gañar os máximos puntos posibles nos 3 deportes elixidos. A pesar dos resultados de cada proba, o mellor foi poder compartir todos xuntos estes momentos de diversión e compromiso e, sobre todo, saber que estamos a colaborar nun proxecto en REDE. Moitas grazas a todas as persoas que cada curso facedes que estas actividades e este nivel de solidariedade sexa posible. Seguimos EnREDados!


Máis imaxes:
Leer más

Misión futuro

O alumnado de Economía e IAEE de 4° ESO e o de CF participou nuns obradoiros da fundación Mapfre impartidos por Noelia sobre previsión, aforro e seguros, temas todos eles tratados nas materias citadas.

Noelia, a través de diferentes misións que os alumnos tiñan que ir superando, fíxolles caer na conta do importante que é planificar os ingresos e gastos para poder afrontar imprevistos que van xurdindo sen ter que acudir sempre ao endebedamento á vez que aprenderon un montón de conceptos relacionados co tema en cuestión.
Foi moi instructivo á vez que divertido!!!

Obradoiros afectivo-sexuais

O luns 13 de maio o alumnado de 1° e 2° da ESO e o 20 de maio o de 3° e 4° da ESO participou nuns obradoiros afectivo-sexuais que levaban por título “Para que non doa”. Estes obradoiros foron organizados polo CIM (Centro de Información ás Mulleres) de Noia e impartidos pola psicóloga Paula Sánchez. Os contidos traballados foron:

  • Estereotipos sexistas na adolescencia e a súa influencia nas primeiras relacións afectivas.
  • Novos espazos de relación: redes sociais e conductas sexistas dentro do noso móvil. Como facer bo uso das nosas redes sociais dende unha perspectiva de xénero e respeto.
  • Comportamentos nocivos nas relacións sentimentais: control, celos.
  • Aprendendo do bo amor: Comportamentos axeitados que nos fan crecer.
Foi súper interesante, chegounos a poco!!!
Grazas ao CIM e a Paula pola súa boa disposición.