ANPA

A Asociación de Pais e Nais (ANPA) do colexio ten como obxectivo ser unha primeira vía de contacto co centro para calquera circunstancia, dúbida ou suxerencia que poida xurdir.

Ademais, a ANPA organiza diversas charlas de interese para a educación dos vosos fillos, contando con profesionais e institucións de prestixio e tratando os temas máis actuais.

En colaboración co colexio participamos en múltiples actividades, así como organizamos outras propias. Deste xeito a ANPA é parte activa da vida do colexio.

Dispoñemos dunha dirección de correo electrónico (mariaassumptaanpa@gmail.com) á que podedes dirixirvos para facilitarnos calquera información… referente aos nosos fillos/as.

Tamén dispoñemos dun buzón físico no centro escolar por se queredes facernos chegar as vosas ideas en papel.

Xunta directiva da ANPA do Colexio Maria Assumpta:

  • Presidenta: María Vilasoa Martínez
  • Secretaria: Salomé Rial Castaño
  • Tesoureira: Maite Álvarez Prieto
  • Vogal: Silvia Creo Eiras