Orientación/apoyo

O conxunto de actuacións e intervencións do Servizo de Orientación, organízanse a partir de 3 Plans fundamentais que resumen a nosa labor educativa:

  1. Plan de Atención á Diversidade (PAD): Elabórase coa intención de servir de guía para identificar ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, coordinar as medidas adecuadas para o seu tratamento e asesorar aos diferentes membros da comunidade educativa sobre metodoloxías, materiais, recursos, programas, etc., que permitan atender á diversidade do noso alumnado.
  2. Plan de Acción Titorial (PAT): Elabórase coa intención de colaborar na formación integral dos nosos alumnos/as e formar persoas que asuman a súa propia identidade e sexan capaces de desenvolverse na sociedade libremente e cun sentido crítico.
  3. Plan de Orientación Vocacional, Académica e Profesional (POVAP): Elabórase coa intención de orientar ao alumnado e ás súas familias sobre as diferentes opcións académicas e profesionais que vaian xurdindo (principalmente nos últimos cursos da ESO), e de organizar actividades que axuden á toma de decisións e á transición entre etapas educativas de cara ao mundo laboral.

Para levar a cabo o noso labor asesor e educativo, no Colexio contamos cos seguintes

RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS:

  • Jorge Iglesias Pérez: Licenciado en Pedagoxía, Mestre de Educación Especial e Mestre de Audición e Linguaxe. Orientador e Coordinador do Departamento de Orientación
  • Coral Arufe Salgueiro: Licenciada en Psicopedagoxía e Mestra de Educación Primaria. Mestra de Pedagoxía Terapéutica (enlace con Acción Evanxelizadora).
  • Rosa Quiroga Marí: Licenciada en Psicoloxía (Evolutiva e Infantil) e Mestra de Audición e Linguaxe. Mestra de Educación Especial.
  • María Mercedes Ons Insua. Licenciada en Psicoloxía (Evolutiva e Infantil) e Mestra de Audición e Linguaxe. Mestra de Audición e Linguaxe.
  • Pablo Outeda Fariña: Licenciado en Psicoloxía (Educativa e Social). Persoal complementario de Educación Especial.

No Departamento de Orientación, e nas diferentes Aulas de Apoios do Colexio, contamos cunha ampla batería de Tests, Escalas e Probas para avaliar as posibles necesidades do noso alumnado, así como manuais, cadernos, fichas de reforzo e outros materiais educativos que serven de apoio á nosa labor asesora e educativa.