Misión, visión e valores

Misión

O Colexio Plurilingüe Maria Assumpta de Noia é un centro educativo concertado de identidade cristiá pertencente á Fundación Educativa Jesuitinas. Presta o seu servizo nos niveis de Educación Infantil, Educación Primaria, E.S.O. e Ciclos Formativos.

Atendemos a todo tipo de alumnado sen distinción por ideoloxía, raza, sexo, nivel cultural, económico ou condición relixiosa, prestando especial atención aos máis necesitados.

O noso centro caracterízase pola atención personalizada ao alumnado e ás familias e pola nosa aposta pola innovación pedagóxica e tecnolóxica aplicada á educación e, en xeral, en todos os ámbitos.

Ofrecemos para o noso alumnado unha formación integral baseada nos valores cristiáns que os forme como persoas autónomas, creativas, comprometidas e solidarias e que os converta en membros útiles na sociedade e na Igrexa.

Seguindo a inspiración da nosa Fundadora, Santa Cándida María de Xesús, traballamos e vivimos e educamos desde a tolerancia, alegría, proximidade, a sinxeleza e a humildade. Colaboramos con diferentes institucións e organismos, xestionando os nosos recursos para prestar servizo á nosa contorna social máis próxima.

Valores

Os valores son calidades que vivimos no día a día como institución, que describen as nosas conviccións, aquilo no que cremos, que orientan as nosas condutas, o noso modo de relacionarnos e de traballar.

1. Servizo: facerse dispoñible e útil con outros para a misión.
2. Dispoñibilidade: estar dispostos e abertos a aquilo que se nos pide, ten que ver coa obediencia.
3. Liberdade: capacidade de elixir e decidir de xeito responsable e segundo a propia conciencia.
4. Comuñón: sentirse parte dun conxunto maior, dun corpo.
5. Responsabilidade e corresponsabilidade: capacidade da persoa de comprometerse e actuar facéndose cargo da realidade. Este compromiso pode levarse a cabo con outros, sendo así corresponsable.
6. Sinxeleza: trato familiar e próximo.
7. Colaboración e participación: traballar con outros, tomar parte, dispoñernos a dar o que somos e temos.
8. Creatividade: xerar algo novo, novas respostas á realidade.
9. Apertura: abrirse a toda circunstancia e lugar, a todas as persoas e realidades.
10. Flexibilidade: capacidade de adaptarse aos cambios de acordo ás circunstancias.
11. Axilidade: rapidez para resolver as situacións e realizar os procesos pero sen perder a identidade propia