EAE escolar

Coordina Coral e colaboran Merchi Ons, Susana, Teresa, Roberto, Laertes, María José, Lito, Josema, Iria e titores.

De acordo co noso Carisma queremos brindar aos alumnos multitude de oportunidades para atoparse consigo mesmos e poder reflexionar. Pero sobre todo, ofrecerlles situacións para vivir todo isto en comunidade.

  • Bo día

Tres mañás á semana facemos megafonías nas que tratamos de educar aos alumnos no sentido crítico, adicándolle uns minutos a situarnos ante as diferentes realidades do mundo e a trasladar o Evanxeo ao noso día a día.

  • Eucaristías

Queremos educar persoas responsables e participativas, que asuman a súa propia identidade e que a poñan ao servizo da sociedade.

Neste camiño, compartimos e celebramos Eucaristías da Comunidade Educativa que nos axudan a vivir os valores de Xesús con alegría e sinxeleza.

  • Convivencias

Son espazos de reflexión e crecemento persoal que buscan encamiñar aos alumnos de ESO e CF a un encontro consigo mesmos para favorecer o desarrollo de persoas autónomas, comprometidas e creativas.