Taller de Oración

Coordinan Coral e Merchi Ons e colaboran titores de EI e EP.

  • Alumnado

O Taller de Oración é unha proposta pastoral, realizada e promovida a nivel provincial, que busca iniciar aos alumnos na experiencia de Deus mediante o coñecemento de si mesmos, o silencio, a contemplación e a oración. A través dun itinerario establecido, realízase unha sesión ao mes que posibilita as condicións axeitadas para desarrollar a vida interior e espiritual nun sentido amplo da palabra.

  • Mestres e PAS

Seguindo o estilo da Nai Cándida, mestres e PAS reunímonos buscando un espazo de reflexión e encontro con Xesús para poder compartir e vivir os valores do Evanxeo en auténtica comunidade cristiá.