Catequese familiar

Coordina Coral. Integrantes: Isabel Juanas, Isabel Carreira, Rocío Videla e Susana Pais.

Co obxectivo de medrar educando na fe, ofrecemos a posibilidade de participar na Catequese Familiar de Primeira Comunión a todas a familias e alumnos de 2º e 3º de Educación Primaria.

Durante todo o proceso de preparación, serán as propias familias as encargadas de levar a cabo esta formación coa axuda continuada das catequistas do Colexio. Todo este proceso lévase a cabo nun ambiente distendido e familiar, vivindo o auténtico estilo de Xesús.

Ademais, ao longo deste proceso de preparación ao sacramento da Eucaristía, atopámonos con diferentes momentos especiais. Celebracións que nos axudan a achegarnos e prepararnos mellor para recibir a Xesús por primera vez.

  • Entrega do Padrenuestro.
  • Entrega do Credo.
  • Sacramento da Reconciliación (perdón).