Grupo Alcor

Coordina Teresa. Integrantes: Merchi Ons, Mónica G, Begoña, Juan V., Iria e Alba.

Alcor é un grupo xuvenil cristián creado polas Fillas de Xesús que facilita aos alumnos un medio para coñecer e madurar a fe en grupo, compartindo experiencias, actividades e compromisos. Desta maneira, a través do tempo libre, complementamos a educación integral que se recibe no Colexio.

Actualmente Alcor ofrécese ao alumnado comprendido entre 5º de Primaria e 4º da ESO, coa posibilidade de continuar no grupo despois da etapa propiamente escolar.