Club Deportivo

No curso 2011-2012 nace o “Club Deportivo Maria Assumpta” baixo o lema “Deporte, saúde e educación”, buscando como obxectivo principal ofrecer a posibilidade a tódolos alumnos de ampliar a súa formación integral como persoas a través do deporte e da actividade física.

As nosas actividades están destinadas a tódolos alumnos de EI e EP, desenvolvéndose de luns a venres no horario de 14:25 a 15:20 h.

Como instalacións dispoñibles, contamos co pabillón e o ximnasio do propio Colexio, e ademais, actualmente mantemos un convenio co Concello de Noia, o cal nos permite o uso do pabillón “Agustín Mourís”, moi preto do Colexio (contamos con desprazamento gratuíto de ida e volta en autobús).

As actividades que ofertamos son diversas, intentando abarcar tódalas necesidades e intereses dos nosos alumnos. Para os máis pequenos contamos con 2 grupos de Predeporte divididos por idades (3º/4º EI e 6º EI/1º EP), e para os alumnos de 2º a 6º EP contamos con grupos de Tenis, Fútbol sala, Zumba, Patinaxe e Xadrez.

Ano tras ano tanto a Xunta Directiva como todos os Monitores traballan con ilusión e sacrificio para seguir crecendo e conseguir os obxectivos que perseguimos desde o primeiro día.

A distribución das actividades do curso 2018-2019 é a seguinte (clic na imaxe para agrandar):