ESO

ESO (12-16 anos)

Etapa de preparación para o mundo laboral e para a vida académica adulta, atendendo á diversidade do alumnado, que adquirirá elementos básicos da cultura: humanísticos, científicos e tecnolóxicos, a través dunha avaliación continua, formativa e integradora que consolide hábitos de traballo, responsabilidade, solidariedade e respecto, que lle servirán para o exercicio dos seus dereitos e obrigas na vida como cidadáns.

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Contamos cunha unidade específica para alumnos de necesidades educativas especiais, especialistas en Audición e Linguaxe, Pedagoxía Terapéutica e Equipo de Orientación. Levamos a cabo reforzos educativos e contamos con profesores de apoio que actúan dentro e fóra das aulas ordinarias. Propóñense diferentes adaptacións curriculares para atender as diferentes necesidades e distintos niveis e ritmos de aprendizaxe, co obxectivo educativo de garantir a igualdade de oportunidades e de que todas as persoas consigan o máximo desenvolvemento persoal e social posible.

TRABALLO COOPERATIVO

O traballo cooperativo é unha ferramenta de aprendizaxe que pon en marcha e desenvolve a transmisión de valores indispensables para a vida nunha sociedade diversa, como a inclusión, a aceptación das diferenzas, e o respecto, ademais dunha metodoloxía que garantiza unha aprendizaxe de calidade.

PROXECTOS

Trátase dunha estratexia de aprendizaxe na que os estudantes se enfrontan a un proxecto que deben desenvolver, onde a aprendizaxe de coñecementos ten a mesma importancia que a adquisición de habilidades e actitudes. Tarefas ou problemas altamente motivadores e envolventes, mediante os cales o alumno desenvolve competencias nun ambiente colaborativo en busca de solucións.

NOVAS TECNOLOXÍAS

Proxecto aula i+: un iPad por alumno
Garantizamos que os nosos alumnos manexen con soltura as novas tecnoloxías, o seu uso diario durante a súa formación dá lugar a persoas desenvoltas, con capacidade de busca de recursos e preparadas para eses novos traballos que están a surxir neste século das comunicacións. Cidadáns preparados para o século XXI.

EDUCACIÓN EN VALORES

A comunidade educativa do colexio María Assumpta fai posible que a educación non se limite á ensinanza e aprendizaxe de materias, habilidades e temarios, formulándose metas relacionadas co ámbito moral e o civismo, co obxectivo final de formar cidadáns responsables, baseándose no respecto aos demais, a inclusión e as ideas democráticas e solidarias, sendo capaces de asumir retos e xogando un papel activo e comprometido coa formación dun mundo máis xusto.

ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

A presenza do orientador entre os alumnos axúdaos a discernir nas súas eleccións educativas. Información sobre materias optativas, charlas sobre as opcións de bacharelatos e Ciclos formativos e axuda na relación entre as materias escollidas e as posibilidades dentro dos estudos universitarios.

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

En 2º e 3º da ESO, os alumnos teñen a posibilidade de viaxar fóra de España para unha exposición educativa a unha 2ª lingua, vivindo nunha comunidade que a fale habitualmente, para aprendela máis rapidamente e lograr así o bilingüismo dos aprendices.

DELF E CAMBRIDGE

As tardes dos mércores o colexio María Assumpta ofrece a posibilidade de formarse en dous idiomas, inglés e francés; sen ningún custo, os nosos alumnos prepáranse para superar os exames de Delf e Cambridge.

SAÍDAS CULTURAIS

Cada trimestre temos diferentes saídas culturais de un día, teatros, exposicións, rutas turísticas e culturais. Ademais ao final do curso, os alumnos de 1º de ESO gozan de 3 días de aventura (Asturias, Manzaneda), e os de 4º de ESO pasan unha semana visitando unha cidade do estranxeiro (Roma, Londres, Berlín). Celebramos o fin de curso todos xuntos no Aqua Park de Cerceda.

DEPORTE ESCOLAR

Unha vida saudable debe estar acompañada do deporte, que estimula o alumno a superarse e a loitar por conseguir obxectivos que fortalecen a persoa, tanto física como mentalmente.
De 1º a 3º da ESO participamos no deporte escolar da comarca, asistindo ás carreiras que se propoñen, no noso concello ou nos distintos concellos limítrofes.

CHARLAS EDUCATIVAS

Profesionais de distintos sectores empresariais instrúen os alumnos nas diferentes charlas que a miúdo se escoitan no noso salón de actos (doazón de órganos, drogas, deporte, astronomía, literatura, acoso escolar, novas tecnoloxías….).

LABORATORIO

Acercámonos á ciencia:
Os alumnos de secundaria, a miúdo traballan no laboratorio, entre probetas, matraces e tubos de ensaio, nunha aula equipada e acondicionada para realizar experimentos, prácticas e traballos de carácter científico: análises do grupo sanguíneo, disolucións, filtracións, separación de mesturas, representación de moléculas, disección dun corazón, extracción de ADN celular, creación de ecosistemas, comprobación de leis, cromatografías…..
Poñemos a proba os nosos coñecementos investigando na nosa vida cotiá, en nós mesmos, e no mundo que nos rodea.

AULA TALLER

Contamos cunha aula equipada e acondicionada para a realización de diferentes proxectos tecnolóxicos, martelos, serras, alicates, desparafusadores…, materiais que nos permiten construír circuítos, diferenciar materiais, realizar construcións complexas… En definitiva, pasar á acción, poñendo en práctica todos os nosos coñecementos teóricos dos diferentes procesos tecnolóxicos.

AULA DE PLÁSTICA

Unha aula flexible e dinámica, onde é posible aprender porque hai arte ao ensinar.
Nesta aula poténciase a creatividade, diferentes técnicas creativas son estudadas e postas en práctica na área de Educación Plástica e Visual. Trazados xeométricos, visión e percepción, a cor, o volume, as perspectivas, composicións….
Un trimestre tras outro prodúcese nesta aula unha explosión de creatividade que inunda os corredores de secundaria de vida, de cor e de arte.