Educación Infantil

No Colexio Maria Assumpta temos o 2º ciclo de Educación Infantil, que abarca de 3 a 6 anos. A educación infantil contribúe ao desenvolvemento físico, emocional, social e intelectual dos nenos. Para iso, levamos a cabo un proxecto de ESTIMULACIÓN TEMPERÁ e diferentes PROXECTOS DE COMPRENSIÓN baseados nas INTELIXENCIAS MÚLTIPLES.

O fundamental é ofrecer aos nosos alumnos a maior riqueza e variedade de estímulos e oportunidades para que desenvolvan ao máximo as posibilidades que o seu cerebro lles ofrece.

 

ESTIMULACIÓN TEMPERÁ

A estimulación temperá é un conxunto de accións que melloran as habilidades perceptivas, motoras, cognitivas, lingüísticas e sociais que permitirán que o neno alcance unha maior madurez no seu desenvolvemento.

Para traballar a estimulación temperá realizaremos os seguintes programas diariamente:

• Programa motor.
• Programa enciclopédico.
• Programa de lectura.
• Programa de música.
• Programa matemático.

No programa motor realizamos arrastre, gateo, braquiación, equilibrio, marcha… que favorecerán o desenvolvemento integral do neno.

O programa enciclopédico consiste en mostrar bits (imaxes) organizados de xeito sistemático nas categorías, combinando a estimulación visual e auditiva. Con este programa, os nenos aumentan o seu vocabulario, interese e atención cara a novos contidos. Eles aprenden dun xeito lúdico e sentan as bases para a futuras aprendizaxes.

A través do programa matemático mostramos conxuntos e grafías dos números, símbolos matemáticos, operacións aritméticas, formas xeométricas e problemas de razoamento.

Co programa musical os alumnos poderán desenvolver o seu talento musical e adquirir un bo oído escoitando audicións de compositores famosos, diferentes instrumentos e notas musicais.

No programa de lectura usamos un método global no que partimos do concreto (palabras) ata chegar ao abstracto (o alfabeto).

 

PROXECTOS DE COMPRENSIÓN baseados nas INTELIXENCIAS MÚLTIPLES.

Os proxectos de comprensión facilitan a aprendizaxe dos contidos das distintas áreas e usan unha metodoloxía innovadora, baseada nas INTELIXENCIAS MÚLTIPLES de Howard Gardner. Inclúen actividades cooperativas e rutinas de pensamento que facilitarán futuros aprendizaxes.

INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

Podemos distinguir ata 8 tipos de intelixencias:

– As persoas que sobresaen na INTELIXENCIA INTRAPERSOAL poden acceder aos seus sentimentos e emocións e reflexionar sobre estes.

– A INTELIXENCIA INTERPERSOAL é unha habilidade para detectar e comprender as circunstancias e problemas dos demais.

– A INTELIXENCIA LINGÜÍSTICA non só fai referencia á capacidade de comunicación oral, senón a outras formas de comunicación como a escritura, os xestos, etc. Dentro das profesións nas que destaca este tipo de intelixencia podemos incluir políticos, escritores, poetas, xornalistas, actores…

– A INTELIXENCIA LÓXICA-MATEMÁTICA está relacionada coa capacidade de razoamento lóxico e resolución de problemas matemáticos. Científicos, economistas, académicos, enxeñeiros e matemáticos moitas veces destacan neste tipo de intelixencia.

– A INTELIXENCIA VISUAL-ESPACIAL permítenos observar o mundo e os obxectos dende diferentes perspectivas. Nesta intelixencia atopamos pintores, fotógrafos, diseñadores, publicistas, arquitectos…

– Existe unha INTELIXENCIA MUSICAL latente en todas as persoas. Como calquera outro tipo de intelixencia, a musical pode ser adestrada e perfeccionada. Os máis favorecidos neste tipo de intelixencia son aqueles capaces de tocar instrumentos, ler e compoñer pezas musicais con facilidade.

– Coa INTELIXENCIA CINESTÉSICA expresamos sentimentos a través do corpo. Os bailaríns, actores, atletas, cirurxiáns… usan racionalmente as súas habilidades físicas.

– Segundo Gardner, a INTELIXENCIA NATURALISTA permite detectar, diferenciar e categorizar aspectos relacionados co medio, como especies de animais e prantas ou fenómenos relacionados co clima, a xeografía ou os fenómenos naturais.

– Por último, a INTELIXENCIA ESPIRITUAL axúdanos a comprender o mundo, aos demais e a nós mesmos dende unha perspectiva máis profunda.