Quen somos?

Os Centros das Fillas de Xesús, fieis á intuición de Cándida Mª de Xesús, realizan a misión de educar nun clima evanxélico, pola entrega dos educadores, a apertura a todos, o especial interese polos máis necesitados e a integración no medio socio-cultural como resposta ás necesidades do entorno.

O documento “Carácter Propio dos Centros das Fillas de Xesús en España” define a identidade dos nosos centros segundo o “Modo Propio de Educar”.

É válida hoxe a súa intuición pedagóxica, que pretende axudar aos alumnos/as a que “cheguen a ser membros útiles á sociedade e á Igrexa”, e que caracteriza aos nosos Colexios en todo o mundo:

  • Un clima educativo cristián, que se traduce en sinxeleza e proximidade; un clima de liberdade e ambiente de alegría.
  • Unha pedagoxía centrada na persoa; é dicir: adecuación aos alumnos concretos, con especial interese cara os máis necesitados.
  • Un enfoque positivo da educación, estimulando e motivando, buscando “o método máis alegre”, apoiando a participación de todos.

A Vizcondesa de San Alberte deixou á súa filla, unha relixiosa da Congregación “Fillas de Xesús”, o pazo “Pena do Ouro”, situado en Noia, para que estas o dedicasen á “EDUCACIÓN E ENSINANZA DAS NENAS E MOZAS DA VILA”. E así naceu o Colexio “Mª Assumpta”.

O Centro ten como obxectivo global a FORMACIÓN INTEGRAL da persoa (en todas as súas dimensións e capacidades: cognitiva, afectiva, social, comunicativa, ética e relixiosa), desde unha visión cristiá, que a capacite para ser un membro activo e comprometido coa Igrexa e a sociedade do seu tempo.

Serve a calquera persoa sen distinción por razóns de raza, cultura, condición social, sexo, relixión ou calquera outra. A partir desta proposta de apertura e non discriminación, presta atención especial a aqueles que teñen menos oportunidades de ir adiante no seu propio crecemento e aos que presentan maior necesidade:

  • Alumnos/as co medio socio-cultural desfavorecido.
  • Alumnos/as co entorno familiar desestruturado.
  • Nenos/as con necesidades educativas especiais: físicas, psíquicas, sensoriais e condutuais.
  • Alumnado de fóra do concello (18-25 km), que non encontran nos seus pobos unha resposta educativa, acorde cos seus intereses (valores, disciplina, atención personalizada…) e que esperan encontrala no noso Centro.

Satisfacemos as seguintes necesidades:

  • Proceso de personalización, de ser autónomos, libres e con capacidade de decisión; axudando a descubrir a propia xerarquía de valores que dea sentido á vida.
  • Orientación e acompañamento no proceso de crecemento persoal.
  • Atención individualizada ás diferentes situacións persoais e de grupo.
  • Coñecemento e aceptación persoal e do mundo que nos rodea.

Fundaméntase nos valores evanxélicos, facendo especial fincapé nos seguintes principios:

  • Universalidade.
  • Atención especial aos máis necesitados.
  • Fraternidade.
  • Implicación de toda a Comunidade Educativa.
  • Participación activa do alumnado.
  • Comunicación.

Queremos chegar a:

  • Crear un ambiente de relacións positivas. Que a Comunidade Educativa se sinta a gusto, se implique, faga seu o talante do Centro e o aplique.
  • Formar persoas comprometidas coa Igrexa, coa familia e coa sociedade, cuns valores cristiáns, capaces de actuar como axentes de cambio.
  • Capacitar ao noso alumnado para que poida enfrontarse ao seu futuro persoal, académico e profesional.
  • Rendibilizar os recursos dos que dispoñemos para a atención á diversidade, que se vexa unha porcentaxe máis alta de resultados positivos.
  • Conseguir dar resposta ás expectativas das familias desde o noso estilo de educar.

Gustaríanos ser percibidos:

  • Como grupo cohesionado, con unidade de criterios.
  • Como Centro de transmisión de valores evanxélicos nas mesmas estruturas e funcionamento.
  • Como Centro que ten claro a onde vai e ten unha planificación de medios e recursos para conseguilo.
  • Que atenda á PERSOA, cunha preocupación por integrar aos menos favorecidos.
  • Cun nivel de esixencia na responsabilidade e na realización do traballo diario, que capacita ao noso alumnado para proseguir con éxito as súas etapas posteriores (académica ou profesional).
  • Con interese pola formación permanente.
  • Que educa na responsabilidade e liberdade dos seus membros.

Gustaríanos incidir sobre o noso entorno:

  • Favorecendo as relacións interpersoais, a solidariedade e o respecto.
  • Colaborando coa Igrexa e coas institucións sociais da nosa zona.
  • Creando espazos de diálogo e comunicación coas familias, de modo que sintan que o Centro é un lugar onde poden formarse e reflexionar sobre a educación dos seus fillos.

Destacamos, entre outros, os seguintes aspectos:

  • A misión educativa é un rasgo identificador da Congregación das Fillas de Xesús.
  • O servizo apostólico que se realiza nos nosos Centros ten sempre como obxectivo global o desenvolvemento de toda persoa, desde unha óptica cristiá, desde a fe en Xesús e a adhesión á súa mensaxe.
  • A participación activa dos alumnos na aprendizaxe e na propia maduración, dándolles oportunidade de protagonismo.
  • Consideramos a atención á diversidade como un elemento imprescindible no noso quefacer educativo.
  • Avaliamos a nosa acción educativa para comprobar se constitúe unha resposta adecuada ás necesidades dos alumnos.
  • Damos importancia á formación permanente de todas as persoas que traballan nos Centros das Fillas de Xesús.

Os nosos Centros caracterízanse polos seguintes elementos fundamentais:

  • Un clima educativo cristián.
  • Unha pedagoxía centrada na persoa.
  • Un enfoque positivo da educación.
  • Sinxeleza e proximidade.