María e a Nai Cándida, dúas superheroínas!

Hoxe tivemos a festa de aniversario de Santa Cándida e, como vén marcando a tradición, celebrámolo por todo o alto. Despois de días e días de prepararnos para este momento, podemos dicir que, a pesar das altas temperaturas, pasamos un día fabuloso en familia.
Xa desde cedo, entre alboradas e alegría participamos xuntos da Eucaristía adicada a dúas superheroínas moi especiais, María e a Nai cándida, que foron o noso exemplo durante este mes de maio, no que aprendemos grandes reflexións e caemos na conta de que ser un verdadeiro superheroe non é tan doado, pero que se nos axudamos, non hai misión que se nos resista.
O final da Eucaristía supuxo o pistoletazo de saída para todo o que nos agardaba ata a tarde. Música, actividades e talleres de todo tipo para seguir compartindo e sumando anécdotas. O Kiosko foi clave para poder sobrevivir á calor e aos momentos de nervios vividos na Tómbola, unha das principais atraccións deste día. O DJ e o photocall tamén axudaron a inmortalizar a diversión vivida nesta xornada. Agradecer á Comunidade Educativa toda a axuda e participación, xa que, sen a vosa ilusión, non teriamos razón ningunha para festexar. Seguimos enREDados por unha misión!

Ver máis imaxes: