Día de Antón Fraguas

Dende “Telepeña” adentráronnos na vida e obra de Antón Fraguas, un rapaz e unha rapaza de sexto de primaria guiáronnos polas distintas actividades que prepararon con entusiasmo os nenos e nenas de todas as etapas do cole. Grazas a eles puidemos coñecer a fondo o vocabulario das distintas profesións galegas que tanto estudou o autor e coñecer as partes do traxe galego así como vivenciar unha conversa típica duns vellos dunha taberna. Non faltou o noso himno para amenizar a xornada e tampouco a risa nalgúns momentos do acto grazas a actuación das «avoas marchosas». Noutra canle da nosa televisión particular, sintonizamos co concurso de “Pasafraguas”, onde os nenos e nenas de segundo de Primaria nos demostraron canto saben do homenaxeado de hoxe.

Rematamos a xornada coa entrega de premios do concurso literario organizado dende a Biblioteca do cole e obsequiando aos premiados pola ANPA en colaboración cos comercios locais.